Martín Pereira (Mazaricos, 09/11/2000) está vivindo unha gran tempada no Sofán, ao que voltou tras un breve paso polo Paiosaco. Xa participou en 22 partidos dende o mes de agosto, sumando un total de cinco goles, o último deles o domingo fronte ao Miño.
Un encontro que resume da seguinte forma: “Dominamos, aínda que os partidos no Carral pódenseche ir en calquera momento. Soubemos sufrir ao final e creo que fomos merecedores da vitoria”.
O extremo dereito do Sofán explica como foron os goles, nos que tivo moito que ver. “No primeiro pásama Raúl e controlo de costas ao defensa, xiro e despois encaro a outro rival ata que saco un tiro que rexeita o porteiro e aproveita Dani Pena no segundo pau para marcar”, relata. “O segundo ven dunha recuperación de Fita en tres cuartos. Méteme un pase ao espazo, tiro, párama o porteiro e en segunda instancia marco”, engade.
Tras un pequeno tropezo ante o San Tirso, o equipo reaccionou fronte o Miño. “O Monte é complicado, os partidos son moi cerrados e eles defenden moi ben. Foi moi disputado e ao mellor o máis xusto tería sido un empate. Seguimos confiando no que levamos facendo ata agora, que nos fixo estar aí arriba. O obxectivo é adestrar ben, sendo unha piña, e chegar ata onde demos”, reflexiona Martín Pereira.
A próxima xornada o Sofán visita o campo da Grela para xogar contra o Victoria. “Coñecémolos da primeira volta, vai ser un partido moi igualado como todos os da categoría, pero teremos as nosas opcións de gañar”, valora.
Un partido a domicilio que afrontarán de forma distinta aos da casa. “Pablo (Torreira) ten un estilo de xogo que é moi complicado que se acabe dando no Carral polas dimensións do campo. Tentamos facelo e plantexalo, pero ás veces non sae”, recoñece Martín, que engade que “fóra é máis fácil que o plasmemos porque as dimensións son máis grandes”.
Cuestionado por como se define como xogador, explica: “Podo xogar en calquera das dúas bandas, aínda que na dereita é onde máis me desenvolvín en sénior e seguramente onde máis cómodo me sinto. Son rápido e cunha boa capacidade para o centro, un extremo de toda a vida”.
Na súa etapa xuvenil foi xogador do Dumbría e do Calasanz. Garda un bo recordo de ambos, resaltando que no último deles “ascendemos de Nacional a División de Honor e foi un ano espectacular”.
Chegou entón a primeira etapa no Sofán, que recorda así: “O primeiro ano tiven lesións, custoume fisicamente e en disputas o salto a sénior. No segundo, marcado pola pandemia, xa xoguei case todo e ascendemos; e despois en Terceira empecei lesionado do escafoides da man e custoume coller o ritmo para a categoría, pero finalmente acabei tendo moitos minutos”.
Despois firmou polo Paiosaco, viviu un “ano un pouco complicado a nivel persoal” e voltou a Sofán para “recuperar a confianza e estar tranquilo”. Non se esconde, quere vivir o que é gañar a Copa da Costa: “Conseguila outra vez sería o culmen á tempada”.
Toni Vilar (Montañeros): “Fue un partido muy intenso ante un rival que nos exigió mucho, sobre todo en las disputas. Supimos competir muy bien, dominando desde el primer momento. Estoy muy contento con el equipo y cómodo desde el primer partido; la adaptación es muy fácil. Jairo y el cuerpo técnico nos lo dan todo masticado y bastante información entre cada partido, lo que ayuda a afrontarlos”.
Xián Alvite (San Tirso): “Se veía que el primero que marcara se llevaba los tres puntos. Fue igualado, pero tuvimos alguna ocasión más. En una de ellas Denis corre un balón a la espalda, hace una buena conducción y consigue golpear cogiendo a contrapié al portero rival, pero el árbitro lo anula porque un compañero tapa la visión del portero. Ni este ni ninguno de sus compañeros protestó ni reclamó nada”.
Sergio Rodríguez (Victoria): "Entramos bien en los primeros minutos y tuvimos ocasiones para poder adelantarnos, pero luego llegó un vendaval de quince minutos en el que no paramos el partido ni supimos reaccionar. Esta categoría no perdona las desconexiones y tenemos que ser todos disciplinados y tener claras nuestras tareas defensivas. En ataque estamos mejorando pero nos falta acertar”.