O extremo Runy non continuará no filial do Deportivo
lll
17º-23º

O extremo Runy non continuará no filial do Deportivo

Víctor Manuel Castaño Terrazas ‘Runy’, nun partido da pasada temporada en Abegondo | patricia g. fraga

Usuario

“Víctor Manuel Castaño Terrazas ‘Runy’, a petición propia, non seguirá no Fabril e marcha ao CF Villanovense de Segunda RFEF despois do acordo alcanzado entre  os dous clubes”. Así anunciaba o Fabril no día de onte a non continuidade do extremo natural de Hornachos, Badaxoz.
 

Runy chegou ao Deportivo o pasado verán no tramo final do mercado de fichaxes e foi unha das pezas importantes nos esquemas do adestrador betanceiro Óscar Gilsanz. De feito, o atacante extremeño foi o segundo máximo goleador do filial deportivista anotando un total de dez goles só superado por Davo (15).
O futbolista que cumprirá 22 anos o vindeiro mes de novembro desvincúlase así do Deportivo só un ano despois de adquirir o compromiso co club coruñés e ficha polo Villanovense, un equipo da súa comunidade, Extremadura, que milita en Segunda RFEF.

 

Fichaxe

‘A rei morto, rei posto’. No mesmo comunicado da saída de Runy cun acordo entre futbolista e club o Deportivo anunciou unha nova fichaxe para o equipo de Óscar Gilsanz. “A Dirección de Fútbol Formativo acaba de pechar a incorporación de Tim Caroutas, un extremo dereito que chega da UE Cornellá. Tim únese así ao resto de fichaxes desta temporada: Ángel Puerto, Marcel Céspedes, Alejandro Pereira, Iván García e Jesús Ares. Os dous primeiros estreáronse co primeiro equipo en Arteixo no primeiro partido de pretemporada do Deportivo, na Dépor Xira Integral Motion 2022”.
 

Polo tanto, o Fabril suple a baixa de Runy coa adquisición de Thymos Nikitas Caroutas. 
 

En canto á programación da pretemporada, o Fabril estreará o seu calendario de verán o vindeiro mércores 3 de agosto ás 19:30 horas cun primeiro amigable en Abegondo ante o Silva Sociedad Deportiva, tamén equipo de Terceira RFEF. O filial deportivista gozou dunha fin de semana de descanso e regresa aos adestramentos hoxe mesmo, luns 25 de xullo, ás 10:00 horas na Cidade Deportiva de Abegondo xa con Ti Caroutas no grupo.

O extremo Runy non continuará no filial do Deportivo

Te puede interesar