Manuel Fernández e Isabel Gundín, ouro
lll
17º-23º

Manuel Fernández e Isabel Gundín, ouro

O catro wildcards galegos e a entrega de premios da proba de surf adaptado | aec

Usuario

Celebrouse na praia de Pantín, ao abeiro do Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2022 o Campionato Galego de Surf Open nas súas tres categorías: masculina, feminina e máster. Tanto a categoría masculina e feminina contaron con dúas wildcards, o que daba acceso aos vencedores á segunda rolda do evento principal do Pantín Classic.


A pesares de que as ondas non alcanzaron gran tamaño -motivo polo que se suspendeu o Campionato Galego de Longboard-, a climatoloxía foi favorable nun día soleado e con moita afluencia de público.


Os gañadores foron en categoría masculina open, o oleirense Manuel Fernández; en categoría feminina open, a ferrolá Isabel Gundín e na categoría máster, o vigués Derick Rey.

 

 

Premio extra


Os surfistas que acadaron a wildcard para o Pantín Classic, ademais de Manuel e Isabel, foron o viveirense Samuel Rodríguez e a coruñesa Lola Bermúdez, que remataron en segunda posición.


Todos os surfistas galegos non conseguiron clasificarse para a seguinte rolda, o que fala do gran nivel da proba celebrada en Valdoviño.


Cómpre destacar o bo nivel amosado polos rapaces do Núcleo de Adestramento Especializado da Federación Galega de Surf, co primeiro posto de Manuel Fernández e o terceiro posto da viveirense Claudia Prieto. O campionato galego realizouse en colaborción co Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2022 que cede o espazo á Federación Galega de Surf para a realización do Autonómico.


Tamén se celebrou o campionato internacional de surf adaptado Abanca Pantín Classic 2022, no que o galego Pablo Cabezas foi segundo na categoría Visual 1. 

Manuel Fernández e Isabel Gundín, ouro

Te puede interesar