Exercicio e tamén diversión na Semana Deportiva do Nadal
lll
17º-23º

Exercicio e tamén diversión na Semana Deportiva do Nadal

Exercicio e tamén diversión na Semana Deportiva do Nadal
rocódromo de Riazor é un dos escearios | fotos: CONCELLO DA CORUÑA

Usuario

Un total de 62 nenos e nenas participan desde onte na Semana Deportiva do Nadal que organiza o Concello da Coruña a través do seu departamento de Deportes. Esta actividade ten como obxectivo ofrecer unha variada e diversa oferta deportiva nestas vacacións escolares e permitir a pais e nais conciliar coa súa xornada laboral.

Dos 62 inscritos hai 25 do grupo de idade entre 6 e 8 anos e 37 que teñen entre 9 e 12. Acompañados de monitores especializados, durante esta semana practicarán todo tipo de deportes grazas á variada oferta de instalacións e materiais da que dispón o servizo municipal de Deportes.

Entre os lugares aos que asistirán está o campo de golf da Torre, a piscina e o frontón de Riazor, a pista de atletismo do Pazo dos Deportes, a sala de esgrima da Casa da Auga, o rocódromo municipal, a pista de xeo da Cubela ou as instalacións do Sporting Club Casino. As nenas e os nenos participantes poderán practicar o atletismo, a esgrima, a loita, o boxeo, o waterpolo, o tenis ou o golf. As actividades prolongaranse ata o venres en horario de 8.15 a 14.00 horas. 




Semana Deportiva do Nadal que organiza o Concello da Coruu00f1a (2)


Exercicio e tamén diversión na Semana Deportiva do Nadal

Te puede interesar