David Navallo foi o mellor en Castro de Rei
lll
17º-23º

David Navallo foi o mellor en Castro de Rei

David Navallo foi o mellor en Castro de Rei
David Navallo (c) pousa co trofeo de campión, escoltado por Daniel, segundo clasificado (i), e Bonxe, terceiro | aec

Usuario

O antigo campo de fútbol Castro de Ribeiras, de Lea-Castro de Rei (Lugo), acolleu a disputa do XIII Aberto de Billarda da Galiña de Mos.


Nun dia con amenaza de choiva, ao final disputose todo o campionato nun campo bastante complicado, pero é a salsa da billarda os campos complicados para que os palanadores mostren as suas grandes habilidades.


Na categoría absoluta masculina impúxose  David Navallo, do equipa Troitas Bravas da Pontenova. Na segunda posición rematou Daniel, do Billardeiros Musicais de Ribadeo, e completou o podio Bonxe, do Chaínzos-Cadaval de Castro de Ribeiras de Lea.


Na categoría senior feminina a ganañadora foi una palandora local, Paula, do Chaínzos-Cadava, por diante de Geni, do Billardeiros  Musicais de Ribadeo, e de Mercedes, do Campo da Feira de Paiosaco.


Aro, do Billardeiros Musicais, acadou o primeiro posto na competición infantil, tras superar a Valentín, do Filloas de Sangue da Coruña, e a Antía (Troitas Bravas Pontenova).


Rematada a entrega de premios, os participantes xantaros xuntos nun almorzo de confraternidade, onde os representantes dos equipos falaron da posibilidade de xuntarse en vindeiras datas e retomar asuntos para que a billarda siga a medrar na nosa Comunidade.  


A organización do Aberto da Galiña de Mos foi exemplar. “Que siga por moitos anos e sobretodo e por enriba de todo, que triunfe a billarda e toda a xente que nos xuntamos en cada Aberto, sexa en Lugo, A Coruña, Ourense ou Pontevedra; vaiamos e rememos para que a billarda siga  a medrar”, dixo un representantedo Chaínzos-Cadaval.


Este domingo voltará a Liga do Noroeste, despois dun llongo parón polas festas do Nadal. A primeira xornada do novo ano disputarase en Pastoriza (Arteixo).  

David Navallo foi o mellor en Castro de Rei

Te puede interesar