A ampliación do complexo da Fieiteira estará lista en 2023
lll
17º-23º

A ampliación do complexo da Fieiteira estará lista en 2023

A ampliación do complexo da Fieiteira estará lista en 2023
Representación virtual do futuro estado da pista principal do Complexo Deportivo da Fieiteira | Deporte galego

Usuario

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar a licitación para as obras de ampliación e mellora do complexo deportivo de A Fieiteira, no concello coruñés de Ribeira, por un importe de máis de 1,3 millóns de euros.

En total, a obra xunto aos gastos de dirección de obra, de dirección de execución e de coordinación de seguridade e saúde ascende a máis de 1,5 millóns de euros (1.542.632 euros), dos que a Secretaría Xeral para o Deporte achegará o 65% (1 millón de euros) e o Concello de Ribeira contribuirá coa cantidade restante (542.632 euros). O prazo para a presentación das ofertas remata o vindeiro 13 de abril.

O complexo de A Fieteira conta na actualidade cunha pista atletismo aire libre, dous campos de fútbol, piscina, polideportivo, ximnasio e mesmo unha pista de ‘pump track’. Un dos puntos destacados desta actuación será a construción dun pavillón anexo para albergar unha zona de adestramento cuberta para atletismo, mediante un módulo que conta con pista de cinco rúas, zona de saltos ou lanzamentos; espazos para ximnasio, sala de musculación e actividades de tecnificación para a práctica do taekwondo; construción de novos vestiarios, aseos e duchas e o seu equipamento; e tamén as reformas de accesibilidade e acceso ao primeiro andar con escaleiras, ramplas e un núcleo de ascensor.

O proxecto de ampliación e mellora da infraestructura vén impulsado por algúns dos éxitos más importantes dos deportistas de Ribeira. Cómpre destacar o campionato europeo júnior e o subcampionato europeo absoluto de taekwondo acadado a finais do 2018 en Turquía polo Natural Sport Videlgi; así como a medalla de ouro acadada por Ana Peleteiro en triplo salto no Campionato de Europa de Atletismo en pista cuberta en Glasgow no mes de marzo de 2019 ou o bronce olímpico de Toquio; ou o cuarto campionato de Europa do parataekwondista Álex Vidal colleitado en Italia en novembro de 2019.

O prazo estimado de execución é de doce meses dende o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación do replanteo. 

A ampliación do complexo da Fieiteira estará lista en 2023

Te puede interesar