Luisito: “Ninguén ten o posto asegurado e mátanse cada día”
lll
17º-23º

Luisito: “Ninguén ten o posto asegurado e mátanse cada día”

Luisito: “Ninguén ten o posto asegurado e mátanse cada día”
21 octubre 2019 Fútbol Tercera División Temporada 2019-2020 Fabril - Rápido 2-1

Usuario

O Fabril conseguiu en A Cheda e ante o Polvorín (1-2) a segunda vitoria consecutiva tras gañar na anterior xornada ao Rápido de Bouzas na casa por idéntico resultado (2-1). José Luis Míguez ‘Luisito’ fai análise do último encontro do filial branquiazul, que a vindeira fin de semana xogará contra a Unión Deportiva Ourense, un equipo importante na carreira do técnico fabrilista.

1. Valoración do último partido
“O equipo estivo moi ben e a única pena foi perdoar o 0-2. Do medio do campo cara adiante tivemos moita mobilidade e aproveitamos ben a rapidez dos nosos xogadores. Estivemos a un nivel moi bo co balón pero tamén sen el. O único que me disgusta é que non sexamos capaces de matar os partidos antes, pero quédome coa reacción do equipo ao gol do Polvorín nunha boa xogada. Non nos metemos atrás en todo o partido ante un rival moi potente. Estou convencido de que irá para arriba”.

2. A mesma que historia que ante o Rápido
“Os meus xogadores son rapaces e cústalles manter a concentración os 90 minutos. É normal que cometan erros, pero para iso estou eu para tratar de corrixilos. O mellor de todo e que están todos implicados, tanto os que xogan coma os que non. Da gusto con eles porque adestran a un nivel moi alto, mátanse en cada sesión porque saben que ninguén ten o posto asegurado. Temos que ir pouco a pouco e, cando esteamos todo, e nivel será aínda máis alto”, recorda o adestrador do Fabril, que a semana pasada sufriu as baixas de Bourdal e Manu Mosquera por lesión.

Os futbolistas deben ter o obxectivo de ser ano seu posto todos os días

3. Adaptarse a xogar na Cheda
“Sorprendéronme as dimensións. É un campo moi ancho e o céspede está moi ben. Non foi un impedimento para practicar o noso xogo. O único inconvinte foi que tivemos que esperar parar poder entrar ao campo a facer os exercicios de quecemento e tivemos que facelos nunha esquina. Todo o mundo ten dereito a xogar partidos e é algo que hai que comprender”.

4. As sensacións que deixou o Fabril
“Estou moi contento porque o equipo, pouco a pouco, vai a máis. Os xogadores saben cal é a mentalidade coa que hai que afrontar o partidos de Terceira División e iso gústame moito. A nivel táctico cambiamos a mobilidade ofensiva e temos moitas alternativas. A David Sánchez, que entrou ao final, tal vez lle custa máis porque estivo toda a pretempada co primeiro equipo, pero a súa actitude é impresionante; é un futbolista inmenso”.

5. Dous goles máis de Mario Losada
“É un futbolista cun tren inferior tremendo, superior ao nivel desde liga, vai moi forte ao choque, nunca se esconde. O primeiro que marcou contra o Polvorín foi de penalti pero o segundo foi un golazo impresionante. Pégalle moi ben ao balón e é un profesional íntegro. Xa son seis goles pero serán máis a este ritmo”.

6. Cuarto partido como titular de Martelo
“Dábame a sensación que contra o Polvorín fóra ía facer un bo partido e, de feito, tivo unha boa ocasión para facer o 0-2. Temos moitos xogadores e de moita calidad e para cada partido xogarán uns ou outros. É certo que hai algúns que están xogando moito, pero o que teño claro é que eu non regalo ningún posto. É certo que o Fabril é un filial e todos os xogadores saben que van ter moitas oportunidades, pero teñen que gañalas nos adestramentos. Si durante a semana un xogador non adestra ben, non vai xogar. Estes futbolistas deben ter o obxectivo de ser os mellores no seu posto todos os días. Están nun filial e teñen que querer sempre máis”.

A UD é o meu Ourense; sei que son moi querido alí; é un sentimento recíproco

7. O Fabril, sen medio defensivo específico
“Gústanme os xogadores de balón e, cando analizo aos rivais e vexo que lles podo facer dano coa pelota, aposto por este tipo de xogadores. Para outro tipo de partidos vai haber outros futbolistas. Con todos os meus equipos (Racing, Ourense, Ciudad de Santiago, Pontevedra…) xoguei de maneira diferente. No Fabril hai futbolistas que poden sufrir moito sen balón e por iso apostamos por xogadores que o manexen ben”.

8. A fase defensivo contra o Polvorín
“Custounos arrebatarlle o balón ao Polvorín e fixemos un traballo de desgaste importante. Sabíamos que nos podían poñer contra as cordas se transitaban do medio do campo cara adiante e o equipo estivo bastante ben en defensiva. Houbo momentos de toma e daca que nos podían perxudicar pero respondemos ben. Os rapaces teñen despistes, como contra o Rápido, pero nada máis encaixar xa marcamos nós. Non é fácil manter sempre alto o nivel de concentración en rapaces xoves pero o equipo vai a máis”.

9. O próximo rival, un exequipo de Luisito
“A Unión Deportiva é o Club Deportivo Ourense de antes. Non lle ten por que parecer mal ao CF, pero este é o meu Ourense. Sei que son moi querido na cidade, é un sentimento que é recíproco”.

Luisito: “Ninguén ten o posto asegurado e mátanse cada día”

Te puede interesar