Josiño: “Levo dúas semanas nas que xa me vexo titular”
lll
17º-23º

Josiño: “Levo dúas semanas nas que xa me vexo titular”

Josiño: “Levo dúas semanas nas que xa me vexo titular”

Usuario

Non xogou máis que dous partidos (segundas metades) no que vai de tempada. Josiño Vázquez é unha das pezas chave do Paiosaco (tanto dentro como fóra dos campo) das últimas tempadas. O pasado domingo, no campo do Morrazo anotou un gol que lle deu un punto ao equipo verde e branco fronte ao Alondras.

O Paiosaco presentou novedades tácticas contra o Alondras “Xogamos con liña de catro defensas en lugar da habitual formación con cinco e creo que nos foi bastante ben. Tivemos máis balón ca noutros partidos nos que xogamos máis ao contraataque, pero outro erro grave custounos un gol en contra co que, como case sempre esta tempada, tivemos que remar para conseguir un punto”, explica o centrocampista peisaqués.

Coa súa entrada ao campo, Josiño deulle outro aire ao Paiosaco. “Nada máis entrar din a Iván un pase co que Otero marcou un gol pero o árbitro anulouno. O Alondras deixou de atacar con tanta insistencia na segunda parte e chegou a acción do penalti”, comenta.

Para Josiño, a pena máxima non admite discusión. “Otero protexe o balón e recibe unha patada moi clara”. Un dos capitáns do equipo de Juan Riveiro recoñece que “Iván e Eiroa eran os xogadores asignados para tirar os penaltis, pero foi Iván o que me mirou e me dixo que o tirar. Aguantei ao porteiro tanto como puiden e, cando decidiu ir para un lado, golpeei a pelota suave ao contrario”, recorda.

O final de encontro foi frenético e houbo tantas opcións de 2-1 coma de 1-2. “Calquera dos dous equipos puido gañar. Eles estaban obrigados a apretar porque xogaban na casa e tiveron opcións en saques de esquina. Nós tamén tivemos un remate de Otero nunha falta lateral e un córner que sacan de milagre debaixo do longueiro”, indica Josiño.

Despois de xogar 19 minutos contra o Arenteiro na Porta Santa e 34 ante o Alondras no Morrazo, Josiño pide paso. “Xa levo dúas semanas nas que me vexo titular. Desde que me lesionei, non parei de facer exercicios e quero aproveitar para darlle as gracias a Agustín, o noso fisioterapeuta esta tempada que traballa con nós ao máximo”.

O capitán do Paiosaco recoñece que “é posible que este ano sexa máis complicada a permanencia. Temos que dar un puntiño máis para sorprender aos rivais. O ano pasado eramos nós os que sorprendíamos con balóns á espalda das liñas defensivas pero esta tempada xa non nos deixan facer iso”.

A vindeira fin de semana, o Paiosaco inicia, na Porta Santa, a secuencia de partidos ante os equipos máis esixentes do campionato. Antes de medirse a Barco, Bergantiños e Fabril, o equipo de Juan Riveiro recibirá ao Compostela, segundo clasificado. “Temos que intentar competir contra eles o mellor posible. Queremos darlle unha alegría á nosa afección. En Cangas había 100 persoas dun pobo de 900 habitantes”.

Para Josiño, o máximo favorito ao título “é o Compostela: polo estadio, polos xogadores, por Primo, que lles da máis potencial aínda e polo estilo de xogo. Gustaríame que gañase a liga un equipo cunha proposta como a do Compos”.

 

 

NOMBRES PROPIOS
08 noviembre 2019
Fútbol Tercera División

Compostela
Óscar Manuel Conde Cruz 07 septiembre 2016 
Fútbol Tercera División 

Fotografía del jugador del Rápido de Bouzas, Pablo Carnero

ÁLEX COBO (Fabril)
El guardameta catalán del filial blanquiazul fue uno de los grandes protagonistas del partido del pasado domingo ante el As Pontes al detener un penalti a Carlos López en el primer tiempo y con 1-1 en el marcador.

CARNERO (Rápido)
Primer gol (2-2 ante el Estradense) de la temporada del delantero de 31 años, que disputó su primer partido como titular de este curso coincidiendo con el estreno de Milo Abelleira en el banquillo del Pujales. 

PRIMO (Compostela)
Primero fue Carlos (As Pontes), después Rayco (Polvorín), en la jornada 12 Iker Hurtado (Arzúa) y en la 13 fue Primo en su segundo partido de la temporada con el Compos y ante el Arza, el que firmó el cuarto ‘hat-trick’ de la temporada.

 

     

Josiño: “Levo dúas semanas nas que xa me vexo titular”

Te puede interesar