Descontos na mutualidade
lll
17º-23º

Descontos na mutualidade

Descontos na mutualidade
23 ENERO 2006 / 29 abril 2010 / 31 mayo 2012 DEPOR-MALLORCA: 2-2 RIAZOR VOLVIO A VIVIR UN PARTIDO DE LOS QUE SUELE REALIZAR EL DEPOR ESTA TEMPORADA. LOS FALLOS EN DEFENSA FACILITARON EL EMPATE DE UN PARTIDO QUE GANABA EL DEPOR POR 2-0 Y EN EL QUE RESUL

Usuario

A Delegación Galega da Mutualidade aplicará este ano un desconto lineal do 10,5% nas cotas a pagar en todas as categorías do fútbol galego. Un desconto que en termos reais supón unha bonificación total de preto de medio millón de euros, segundo informa a Federación Galega.

A rebaixa nas cotas non será impedimento para manter a calidade asistencial que se presta nestes momentos aos nosos asegurados e iso, pese ao encarecemento que ten que soportar a Mutualidade como consecuencia dos protocolos Covid que deben seguirse, tanto nas clínicas propias como nos hospitais e demais centros asistenciais externos, e que supoñen un incremento de custos importantes dos actos médicos.Por exemplo, unha intervención cirúrxica na que agora hai que engadir o custo dunha proba PCR, ou calquera consulta ordinaria de revisión ou rehabilitación, na medida que os centros asistenciais repercuten os custos de desinfección e protocolos Covid nos que incorren á hora de atender aos asegurados.

Unha medida de apoio aos clubs moi importante pero que non será a única que leve a cabo a Federación esta tempada. Para empezar, a planificación dunhas competicións máis curtas xa suporá tamén un importante aforro para os clubs e, ademais, tal e como anunciara o presidente, a entidade federativa colaborará na adquisición de material necesario para a aplicación das medidas sanitarias que esixen os diferentes protocolos de volta á actividade.

E outra medida importante é a de manter o pago fraccionado do seguro deportivo. Un fraccionamento que este ano aplícase dun modo máis beneficioso para os clubs, posto que o abono efectivo do segundo prazo (o 40% da cota) poderase realizar ata o 21 de decembro, e non ata o 30 de novembro. l

Descontos na mutualidade

Te puede interesar