A Xunta saca a segunda guía de recomendacións
lll
17º-23º

A Xunta saca a segunda guía de recomendacións

A Xunta saca a segunda guía de recomendacións
A guía publicada onte é a segunda dunha serie que completará o documento único que contribuirá a reactivar os adestramentos e competicións en Galicia

Usuario

A Xunta de Galicia vén de publicar o segundo número das Guías DXT Galego ‘Volvendo con sentidiño’ elaboradas pola Secretaría Xeral para o Deporte e expertos das tres universidades galegas que xa foi enviado a todos os clubs e federacións deportivas de Galicia e pode ser consultado na páxina web do Deporte Galego. 

Este segundo manual versa sobre as ‘Recomendacións para a aceleración da reactivación e readaptación técnico-táctica do deportista para a súa motivación e achegamento progresivo ás esixencias do partido’. 

No documento continúase a desenvolver o consenso acadado entre o coordinador do proxecto, Rafael Martín Acero, representantes das tres universidades galegas e da Rey Juan Carlos e de Castilla La Mancha, sobre accións e suxestións para a aceleración da reactivación e readaptación técnico-táctica. Neste sentido, cómpre subliñar a guía para a volta ao adestramento en deportes de equipo e control do risco de contaxio por coronavirus.

Esta guía pretende dar recomendacións claras para a organización do adestramento nas distintas categorías. Os consellos están encamiñados a aumentar a adaptación progresiva do deportista ao que lle esixirá o partido cando poida volver á competición. Trátase de adestrar co menor risco posible de contaxio e afastándose o menos posible da lóxica interna máis substancial de cada deporte de equipo.
Esta guía é a segunda dunha serie que completará o documento único que contribuirá a reactivar os adestramentos e competicións de máis de 300 especialidades deportivas que se practican na Comunidades e a recuperar o músculo do deporte galego, así como a plenitude física e psíquica de federacións, clubs e deportistas.

A Xunta saca a segunda guía de recomendacións

Te puede interesar