Todos os test de coronavirus realizados no CGTD deron negativo
lll
17º-23º

Todos os test de coronavirus realizados no CGTD deron negativo

Todos os test de coronavirus realizados no CGTD deron negativo

Usuario

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva vén de rematar os 240 tests serolóxicos mediante análise de sangue realizados a todas as persoas implicadas no inicio do curso.

En total, esta proba que detecta os anticorpos producidos tras o contacto co virus Covid-19, realizouse aos 168 deportistas (105 de tecnificación e 63 de rendemento), así como a todos os seus adestradores e o persoal que traballa no centro.

Cómpre destacar que o resultado de todos os tests serolóxicos realizados son negativos, polo que o CGTD reivindícase como un espazo seguro protexido polos protocolos de actuación para evitar as situacións de contaxio da Covid-19, tanto o básico de actuación do CGTD como os de cada especialidade deportiva, elaborados pola Secretaría Xeral para o Deporte co apoio de todo o tecido deportivo galego. Estes tests serán repetidos na súa totalidade cada dúas semanas para controlar a poboación do centro.

O pasado venres, o secretario xeral acompañou aos alumnos de 4º de ESO que se incorporaban ao centro, xa que o inicio do curso realizouse de forma gradual para evitar aglomeracións.

En total, o CGTD terá na tempada 2020/2021 un total de 168 prazas concedidas: 105 de tecnificación (88 de residente 1 e 17 de externo 1) e 63 de rendemento (14 de elite, 37 de externo 2 e 12 de residentes 2). Cómpre salientar que este número de prazas, que medra un 5% con respecto ao curso anterior (160), é acadado grazas ao esforzo realizado pola Secretaría Xeral para o Deporte atendendo ás peticións das federacións deportivas e outorgando nove novas prazas (3 de tecnificación e 6 de residentes).

Todos os test de coronavirus realizados no CGTD deron negativo

Te puede interesar