O Concello incrementa nun 80% o orzamento de 2019
lll
17º-23º

O Concello incrementa nun 80% o orzamento de 2019

O Concello incrementa nun 80% o orzamento de 2019
Mónica martínez suliñou que as renuncias xeraron un crédito sobrante de 62.500 euros que se destinaron a aumentar as bolsas de axudas | aec

Usuario

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Deportes, aprobou a concesión definitiva das subvencións para o ano 2020 por valor de 217.000 euros ás entidades sen ánimo de lucro que fomentan e apoian a realización de actividades físicas e deportivas na nosa cidade.

O incremento do orzamento que o Goberno local destina a estas subvencións fronte ao exercicio anterior, en que o valor foi de 120.000 euros, é dun importante 80%.

 

Renuncias

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, sinala que “o orzamento inicial destas subvencións era de 280.000 euros” e que “por mor das renuncias dalgunhas entidades xerouse un crédito sobrante de 62.500 euros que se destinou a aumentar as bolsas para deportistas individuais, que faremos públicas nos vindeiros días”.

Martínez asegura que estas axudas para apoiar ás entidades deportivas da cidade “axudan ao mantemento da súa actividade” e, asegura, “o fomento do deporte como estilo de vida saudable debe ser un dos primordiais dunha administración e así o entendemos desde o Concello da Coruña”.

Ademais das renuncias, unha entidade quedou fora do reparto por presentares a súa solicitude fora do prazo, mentras que outras oito viron desestimada a petición por non cumplir con diferentes esixencias do Concello.

O entidades que recibirá o maior importe é a Sociedad Deportiva Club Torre, cun total de 14.000 euros, que é a suma de tres solicitudes para diferentes actividades. Dousmil euros menos percibirán 5 Coruña de fútbol sala, o Hércules Xtrm, club adicado a varias disciplinas, entre elas o running e a natación, e a Escuela de Taekwondo Dobok, mentres queo Colexio María Barbeito contará cunha axuda de 10.000 euros repartidos en tres solicitudes para diferentes actividades de ximnasia rítmica.

O Concello incrementa nun 80% o orzamento de 2019

Te puede interesar