sábado 19/9/20

O Club del Mar acolle o primeiro acto do proxecto O Camiño do Tenis de Mesa

A competición, tamén Memorial Alfonso Carbajales, celebrarase mañán e o domingo nas instalacións da entidade de San Amaro
O Club del Mar de San Amaro ten unha gran tradición en tenis de mesa      | pedro puig
O Club del Mar de San Amaro ten unha gran tradición en tenis de mesa | pedro puig

Os días 7 e 8 de septiembre, a partires das  9.00 horas, terá lugar o XIII Torneo  do Clube de Mar-Memorial Alfonso Carbajales, acción pertencente o proxecto O Camiño do Tenis de Mesa organizado por la Federación Galega de Tenis de Mesa (FGTM), proxecto que forma parte do programa O Teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia.

A traves de esta actividade, a FGTM quere levar a mensaxe do Camiño e a importancia dos obxectivos da difusión do Xacobeo 2021 na promoción e no mundo do deporte.

A razón de ser de este proxecto e por en valor o Camiño de Santiago  e a importancia dos seus valores ante a  próxima celebración do ano Xacobeo,  lograr e salientar os criterios culturais, lúdicos, históricos e de arraigo que o unen co noso deporte e  cos nosos deportistas.

A FGTM pretende que esta mensaxe i estas actividades cheguen a diferentes audiencias e se desenrole en diferentes puntos da xeografia galega pertencentes a diferentes variantes do Camiño nos que se unen os valores do tenis de mesa a este evento único galego de intercambios de experiencias, valores interpersoais, históricos e lúdicos. En sucesivas datas, a Federación Galega de Tenis de Mesa irá comunicando unha a unha as diferentes accións, campionatos, exhibicions e xornadas de convivencia que se promoverán e terán lugar dentro deste proxecto.

Comentarios