Unha clásica cita do verán que aposta pola innovación
lll
17º-23º

Unha clásica cita do verán que aposta pola innovación

Unha clásica cita do verán que aposta pola innovación
deporte campeón-2019-08-14-023-8bedd36b

Usuario

O lago de As Pontes acollerá mañán, a partir das 11.30 horas, a Bandeira de Traíñas da Deputación da Coruña.

A competición que está organizada pola Deputación da Coruña e a Federación Galega de Remo, coa colaboración do Concello das Pontes, desenvolverase por primeira vez na súa historia en augas non costeiras.

Na categoría masculina participarán Cabo de Cruz, Ares, Mariñeiro de Mera, Rianxo, Perillo, A Cabana Ferrol, Club do Mar de Mugardos, Muros e Esteirana. Pola súa banda, na competición feminina (que se celebra por primeira vez) participarán Cabo de Cruz, Perillo, Náutico de Ribeira e Club do Mar de Mugardos.

A proba comezará ás 11.30 horas coa competición feminina, que se disputará nunha única queda, cun percorrido de 4 millas náuticas, distribuídos en 4 longos.

Este será o mesmo recorrido que terán que facer, a partir das 12.00 horas, os remeiros masculinos que participarán en dúas quedas.

Na primeira tomarán a saída os clubs  A Cabana Ferrol, Esteiran, Perillo e Mugardos mentres que na segunda quenda, ás 12.30, participarán Cabo de Cruz,  Ares, Mariñeiro de Mera e Rianxo. Desde o Concello das Pontes, o responsable de Deportes, Chicho Tembrás, destaca a importancia que para o municipio ten acoller a celebración dunha das competicións con maior traxectoria, prestixio e tradición no remo galego e invita á veciñanza e visitantes a gozar dun auténtico espectáculo deportivo nunha contorna privilexiada.

Unha clásica cita do verán que aposta pola innovación

Te puede interesar