Menú
El Ideal Gallego Diario de Ferrol Diario de Arousa
YouTube Twitter Newsletter Instagram Facebook

Inés Rey recibe aos perceptores das bolsas de alto rendemento

Un momento da recepción en María Pita/Javier Alborés
|

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu no salón de plenos de María Pita ás persoas ás que se lles outorgaron as bolsas para deportistas de alto rendemento.


Este ano o Concello duplicou o número de axudas respecto ao ano anterior. Un total de 80 persoas percibirán cantidades que van desde os 500 ata os 3.500 euros. Jacobo Garrido (natación adaptada), David Arcay (pesca deportiva), Irene Blanco, Irene Martínez e Víctor Castro (halterofilia), Alberto Gaitero (judo), María de Valdés (natación), Alberto Seoane (tenis de mesa), Ángel García (bicicleta de montaña) e Germán Ferreiro (esgrima) recibirán a axuda máxima.


Rey dixo que “é moi importante que as institucións como a que presido aposten por vós a diario”. Pola sua banda, Irene Blanco agradeceu o compromiso amosado polo Goberno municipal, que para esta terceira convocatoria conta conta cun orzamento de 120.000 euros. 

Inés Rey recibe aos perceptores das bolsas de alto rendemento