Adrián Alcalde: “Cantos máis paus nos dan, mellor respondemos”
lll
17º-23º

Adrián Alcalde: “Cantos máis paus nos dan, mellor respondemos”

Adrián Alcalde: “Cantos máis paus nos dan, mellor respondemos”
Alcalde preside a peña deportivista ‘Perla de Arousa’ de Vilagarcía | aec

Usuario

Vocal da Federación de Peñas do Deportivo

 

Cabeza visible da peña deportivista ‘Perla de Arousa’ de Vilagarcía, Adrián Alcalde deu un paso máis no seu compromiso co deportivismo este verán ao formar parte da directiva da Federación de Peñas.
 

Traballador nunha conserveira de 35 anos, o novo vocal da agrupación presidida por Luis Alberto Martínez rebosa vontade de axudar en todo para o retorno do clube da Praza de Pontevedra ao fútbol profesional.

 

Dende cando eres seareiro do Deportivo?
Dende que teño lembranzas, de pequeno; sempre me describín como un espermatozoide branquiazul. Cando tiña poucos anos o Depor ascendeu a Primeira e xa dende ese momento namoreime deste equipo. Na miña familia gustaban moito os equipos galegos de toda a vida. De feito, o meu tío é o presidente do Celta en Vilagarcía.

 

Levas un par de anos na presidencia de ‘Perla de Arousa’?
Si, dinlle o relevo a Albino Cores hai dous anos.

 

Como explicas que exista tanto deportivista na provincia de Pontevedra?
O ‘Superdepor’ creou unha grande escola non so en Pontevedra senón en toda Galicia, España e Europa. Gracias a Lendoiro, que foi o creador deste equipo, o clube adquiriu outra dimensión.

 

Cal será o teu cometido na directiva da Federación de Peñas?
Vou levar, xunto a outro compañeiro, o tema de correos e redes sociais; ademáis coordinaremos as peñas que estamos un pouco máis lonxe de A Coruña. Xa temos un grupo de whastapp de liña Sur para seareiros de Ourense e Pontevedra. Tamén inauguraremos novas peñas, faremos un pouco de todo para que sigan medrando as peñas do Depor.

 

Como foi o teu paso á cúpula federativa?
Coñecín a Luis Alberto Martínez cando fixemos a inauguración do noso local. Houbo unha conexión ao instante e pediume axuda meses despois e aceptei, claro.

 

Este ano o deportivismo pode superar os 20.144 socios do ano pasado?
Eu penso que si, ao deportivismo cantos máis paus nos dan, mellor respondemos. Facía moita falta coller a tanta xuventude que apareciu o día do playoff e rebaxarlles o prezo do abono. Creo tamén que se poden facer cousas a maiores como altas a través de Internet, que faría máis sinxelo engadir novos socios.

 

Gústanme a base do equipo e fichaxes como Santamaría

 

Recuperado moralmente do mazazo anímico da promoción de ascenso ante o Albacete, Alcalde pensa somente no futuro.

 

Que te está a parecer o proxecto actual do Deportivo?
Ben, moi ben, gústame que seguira a base do equipo que estivo tan preto de ascender e as fichaxes responden. Gorka Santamaría está sendo do mellorciño.

 

Ilusiónache a hipótese de Lucas Pérez?
A ver, é un xogador importantísimo pero tamén pode crear problemas no vestiario. Impórtanme os que están aquí e non vou chorar por ninguén.

 

Que mensaxe lle mandas á afección?
Máis que a eles, vai para o equipo, é a hora de sacar o equipo de aquí.

Adrián Alcalde: “Cantos máis paus nos dan, mellor respondemos”

Te puede interesar