Lete Lasa destaca as capacidades de Teresa Portela y Rodríguez Gacio
lll
17º-23º

Lete Lasa destaca as capacidades de Teresa Portela y Rodríguez Gacio

Lete Lasa destaca as capacidades de Teresa Portela y Rodríguez Gacio
As olímpicas Teresa Portela (terceira pola esquerda) e Susana Rodríguez (cuarta pola dereita) recibiron un homenaxe en Pontevedra | DG

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou onte do acto extraordinario de homenaxe ás egresadas olímpicas Susana Rodríguez Gacio e Teresa Portela Rivas da Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo tras a súa excelente participación nos Xogos de Toquio.

A padexeira canguesa acadou unha medalla de prata no K1 200 e a corredora viguesa logrou a medalla de ouro en paratríatlon ademais dun diploma olímpico nos 1.500 metros. O acto contou coa participación, asemade, do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa.

Lete Lasa destacou a capacidade deportiva e académica das dúas deportistas galegas que ao longo da súa vida, como na Grecia clásica, souberon cultivar tanto a súas destrezas físicas como intelectuais.

Deste xeito, o seu currículo amosa inigualables éxitos deportivos, pero tamén éxitos académicos, que acadaron en aulas como a Magna da Facultade de Fisioterapia que acolleu a homenaxe.

Ademais do seu Grado en Fisioterapia, Teresa Portela é diplomada en Maxisterio de Educación Física e está a estudar Ciencias dos Alimentos. Pola súa banda, Susana Rodríguez Gacio tamén é médico pola USC.

Lete Lasa pediulle a ambas as dúas que non abandonen “os camiños do deporte e da educación, porque supoñen unha gran satisfacción persoal” e porque Galicia “necesítavos tanto nun ámbito coma no outro”.

O mandatario galego amosou do seu convencemento de que os éxitos, tanto de Susana como de Teresa, seguirán producíndose como ata o de agora e que, se seguro, nos Xogos de París 2024, ambas as dúas “farán máis grande unha historia que, a día de hoxe, xa é inmensa”.

“Oxalá as escolas física e académica sigan levándovos tan lonxe como queirades. Dúas escolas fundamentais na vida e que en Galicia se fusionan no Centro Galego de Tecnificación Deportiva que sempre foi a vosa casa e que o seguirá sendo”, sentenciou. 

Lete Lasa destaca as capacidades de Teresa Portela y Rodríguez Gacio

Te puede interesar