O Ría de Betanzos gaña o Circuíto Deputación da Coruña
lll
17º-23º

O Ría de Betanzos gaña o Circuíto Deputación da Coruña

O Ría de Betanzos gaña o Circuíto Deputación da Coruña
Todos os palistas do club campeón pousaron para a foto de familia | Cedida

Usuario

O lago das Pontes acolleu a proba final do II Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña, tras as cinco anteriores realizadas en Rianxo, Pontedeume, Ames, Miño e Outes durante o mes de agosto.

 

O Club Ría de Betanzos proclamouse gañador do circuíto, no que se clasificou en segunda posición o Club Náutico Firrete e en terceira posición o Cabanas KDM.

 

Nesta derradeira regata participaron 300 deportistas de 10 clubs da provincia nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín, que competiron en 1.500 metros; e infantil e cadete, cun percorrido de 3.000 metros.

 

O deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, e a concelleira de Deportes das Pontes, Elena López Seco felicitaron aos gañadores e gañadoras e entregaron os galardóns aos equipos tras unha animada xornada deportiva. 

O Ría de Betanzos gaña o Circuíto Deputación da Coruña

Te puede interesar