Lunes 11.12.2017

ATLETISMO

Medalla de prata nacional para a atleta María Pena

Conseguiuna en lanzamento de xabalina, cunha marca de 37.96 metros

As tres premiadas no podio (Redacción)
As tres premiadas no podio (Redacción)
Medalla de prata nacional para a atleta María Pena

María Pena Ferreiro obtivo a medalla de prata en lanzamento de xavelina cunha marca de 37.96 metros, a mellor marca persoal para a atleta. Pola súa banda Lara López e Pepe Domínguez formaron parte do grupo da selección galega, que rematou cun meritorio quinto posto nacional. A competición tivo lugar esta pasada fin de semana en Lorca, Murcia.

O Concello de Ordes felicitou ás atletas ordenses María Pena e Lara López, así como ao seu adestrador Pepe Domínguez, polos bos resultados acadados no Campionato de España Cadete de Seleccións Autonómicas.

Medalla de prata nacional para a atleta María Pena