Jueves 23.11.2017

DEPOR - ADESTRAMENTO

Unha mañá tranquila por Riazor

Adestramento lixeiro en Riazor coa presenza de Ernesto Bello e Richard Barral. Arribas adestrou co readaptador e co grupo. Juanfran retirouse por molestias no xeonllo esquerdo e Sidnei aínda non ten a alta. Luisinho ten farinxite

O equipo adestrou en Riazor (Amador Lorenzo)
O equipo adestrou en Riazor (Amador Lorenzo)
Unha mañá tranquila por Riazor

O Deportivo da Coruña retomou os adestramentos esta mañá en Riazor a porta pechada, despois de acadar a salvación na anterior xornada no estadio de La Cerámica conseguindo un punto e grazas ó empate do Leganés. Unha salvación que supón un certo relaxamento á hora de afrontar este último encontro da tempada ante Las Palmas.

Pepe Mel otorgoulle ós seus xogadores dous días libres ata este mércores onde, segundo nos conta Zeltia Regueiro (@zeltia86) no tempo que deixaron traballar ós medios, os xogadores comezaron a sesión sobre as once menos vinte da mañá nun bo ambiente e cunha carreira suave sobre o céspede.

Os porteiros estiveron acompañados por Manu Sotelo e os demáis tamén tiveron carreira continua, agás Arribas e Joselu; este último mancado. No caso de Alejandro, fixo carreira acompañado do readaptador, Fran Molano, presenta molestias no cuadriceps. Ademáis, Juanfran retirouse tamén con problemas no seu xeonllo esquerdo e Luisinho presenta unha farinxite.

O exercicio físico continuou con Xulio Hernando a metade de campo. Os xogadores realizaron exercicios de pase e conducción, na outra metade do campo estivo o outro preparador físico, David Gómez.

Os rondos de pase sucedéronse, dividindo ó equipo en dúas partes con petos ben diferenciados, sen posibilidade de ve - los posibles onces. Fixeron 'partidillos' nun espazo reducido.

Richard Barral estivo presente na sesión xunto con Ernesto Bello.

O plantel está citado o xoves, desta volta nas instalacións de Abegondo ás dez e media.

Unha mañá tranquila por Riazor