Domingo 24.09.2017

DEPOR - ROLDA DE PRENSA

Lux: "Non sei nada sobre o meu futuro, queda agardar"

O gardameta arxentino fai autocrítica da tempada e fala tamén sobre o seu futuro como deportivista

Germán Lux nun adestramento do Deportivo en Abegondo (Puig)
Germán Lux nun adestramento do Deportivo en Abegondo (Puig)
Lux: "Non sei nada sobre o meu futuro, queda agardar"

'Poroto' Lux compareceu este mércores despois do adestramento perante os medios de comunicación para falar da feble tempada feita polo clube herculino e tamén do seu futuro, nada seguro, baixo os paos da portería blanquiazul.

Germán di que "fixemos unha tempada irregular, acabamos por agotar á nosa xente". Ben é certo que os siareiros están nestes intres bastante molestos e inquedos co xogo e as actitudes dalgúns xogadores, máis aínda fora da casa, tal como apuntaban as peñas estes días.

Á marxe do ámbito deportivo e albiscando xa o futuro, Lux quere seguir no equipo pero aínda "non sei nada sobre o meu futuro, queda agardar; quero seguir pero as dúas partes teñen que chegar a un acordo", sostén. Nas vindeiras semanas, haberá cambios cara a vindeira tempada; aspecto e tarea principal da dirección deportiva.

O porteiro argumenta que é "un referente deste clube e dende que cheguei, brindei o máximo por este escudo".

Mantén, asimesmo, que lle gustaría seguir, "ter o meu futuro resolto, un dos meus fillos naceu aquí...", remata.

 

Lux: "Non sei nada sobre o meu futuro, queda agardar"