Menú
El Ideal Gallego Diario de Ferrol Diario de Arousa
YouTube Twitter Newsletter Instagram Facebook

Galicia aumenta ata 540 os seus deportistas de alto nivel

Recepción aos olímpicos galegos trala súa participación nos Xogos de Toquio o pasado verán | Deporte Galego
|

O Diario Oficial de Galicia publicou onte a nova resolución da Secretaría Xeral para o Deporte de A Xunta sobre o programa DGAN (Deportista Galego de Alto Nivel). En total, das 187 solicitudes presentadas, son 155 os deportistas recoñecidos, sendo, 112 deportistas galegos de alto nivel, sete de alto rendemento, 30 de rendemento deportivo de base, tres técnicos e dous árbitros.


O número de deportistas galegos recoñecidos ascende ata 584, o número máis alto de toda a serie histórica da Xunta: 540 de alto nivel, sete de alto rendemento, 30 de rendemento deportivo de base, catro técnicos, dous árbitros e un vitalicio. O 60% son homes (353) e o 40%, mulleres (231). Cómpre salientar que, ademais, hai un total de 14 deportistas con discapacidade.


Deste xeito, ademais do deporte de alto nivel de Galicia, tamén se recoñece o alto rendemento deportivo –práctica deportiva que aínda non pode ser cualificada de alto nivel pero cuxa proxección indica que estará en condicións de selo– e o rendemento deportivo de base –etapa de desenvolvemento e perfeccionamento previa a acadar o alto rendemento deportivo ou o alto nivel–. O mesmo ocorre coas categorías de técnicos-adestradores e xuíces-árbitros, novos colectivos que se incorporan a figura do alto nivel, a través da Comisión Galega de Avaliación do Alto nivel deportivo.


Entre os deportistas de alto nivel recoñecidos nesta última resolución se atopan, entre outros, o pescador coruñés David Arcay, tetracampión do mundo na categoría de salmónidos con mosca, e o húngaro Ferenc Szabo, director técnico da Federación Galega de Halterofilia, adestrador do CH Coruña e gran impulsor da especialidade na nosa cidade.

Galicia aumenta ata 540 os seus deportistas de alto nivel