Menú
El Ideal Gallego Diario de Ferrol Diario de Arousa
YouTube Twitter Newsletter Instagram Facebook

Simón Lamas: “Gañar ao Real Madrid con ese comportamento fai que sexa moito máis especial”

Simón Lamas es el entrenador del Racing Villalbés, de Tercera División | raúl lópez
|

Si hay un técnico que ha seguido al detalle el papel del Deportivo en la Copa de Campeones ese es Simón Lamas, entrenador del Villalbés y comentarista de la Televisión de Galicia en la Copa de Campeones.


1. Convencimiento del plan partido adecuado

Simón considera que el Depor se adaptó a un escenario totalmente novedoso al que se adaptó a la perfección. “Para un equipo que acostuma a levar a iniciativa e a ser dominador, afrontar un partido no que pasar moito tempo sen a pelota e sendo dominado paréceme moi complicado, pero os xogadores do Deportivo estiveron convencidos ao 100% de que o que estaban a facer era o adecuado para gañar o partido. Fala moi do traballo dos futbolistas pero tamén do dos adestrador en canto a motivación e preparación do partido”, apunta.


2. La posición de los puntas en bloque bajo

El entrenador del Villalbés quiso dar mucha importancia al posicionamiento de los delanteros blanquiazules en repliegue. “A. Nájera e Noel preocupábanse de que Romera, o pivote do Real Madrid, e David González, que tamén ía recibir á primeira liña, non participasen o suficiente ralentizando moito a circulación de balón de lado a lado e permitindo que as dúas liñas de catro estiveran moi cómodas na basculación. Non ter aos puntas desdcolgados pode dificultar saír en transición con facilidade pero axudaron moito aos seus oito compañeiros que estaban por detrás do balón”.


3. El Depor bloqueó al Madrid por dentro

El míster de 29 años define al Deportivo como un equipo compacto. “Durante case todos os minutos do partido, o Depor conseguiu ser un equipo moi compacto. Os numerosos xogadores do Real Madrid que se metían no carril central, incluso os extremos Aranda e Peter e, por momentos, o lateral esquerdo Retuerta, non tiveron espacios e a única posibildade que tiñan era atacar por fóra. Nesas situacións, tanto Trilli como Guille Bueno, que están a demostrar ser dous dos mellores laterais da competición, coas axudas dos extremos e dos mediocentros, que fixeron un grandísimo esforzo, conseguiron orientar o xogo do rival hacia zonas exteriores e ter superioridade por fóra”.


4. La defensa de los centros laterales

Simón Lamas explica la superioridad del Depor sobre el Real Madrid en los centros laterales. “Na orientación do xogo do Real Madrid a zonas exteriores polo bo traballo do Deportivo na profundidade defensiva, unha das poucas solucións que lle quedaban ao rival eran os centros laterais. Cando defendes tan atrás e orientas o xogo ás bandas, permites ese tipo de xogadas, pero sendo Salazar un dianteiro de profundidade e de espacios e tendo en conta que Fito e Barcia, pero tamén o resto da liña defensiva e os dous mediocentros, estiveron moi seguros neses centros laterais, un recurso que o Madrid ía explotar, o Depor non pasou apuros. Os dous centrais deportivistas estiveron moi por enriba dos seus oponentes”.


5. Los tiros desde fuera del área, controlados

La solución del Madrid en el tramo final fue probar desde fuera, aunque sin éxito. “Primeiro polo importante número de xogadores por detrás da pelota e segundo polo nivel ao que está Brais, o Deportivo controlou e contrarrestou todos os disparos desde fóra da área que, a pesar de ser executados por futbolistas de moitísima calidade, non se daban nas mellores condicións polas esas circunstancias que comento”.


6. Sin apuros en el balón parado defensivo

El Madrid tampoco inquieto a balón parado. ”O Depor estivo cómodo e seguro no balón parado defensivo, inevitable ao defender en bloque baixo. Salvo un balón na segunda metade que se paseou pola área pequena, o Madrid non xerou perigo nese tipo de xogadas”.


7. Descansar con posesión de balón

Hubo fases del primer período en las que el equipo de Óscar Gilsanz le discutió el balón a su rival. “Na primeira metade, o Depor tivo algunha posesión larga buscando descansar coa pelota, tendo en conta que sería o Real Madrid o equipo dominador e o que levaría a iniciativa no xogo e Deportivo sería un equipo reactivo e de contraataque. Os futbolistas deportivistas son de bo pé e, de non asumir esas posesións, o partido podería facerse moi longo. Houbo fases nas que o Depor tivo continuidade co balón provocando o desgaste do Real Madrid restándolle sensacións e confianza e, nalgún caso, saiu da presión, tratou de ser vertical e tivo un par de boas situacións con Noel entre liñas para acabar atopando profundidade”.


8. Ganar al Madrid sin trampa ni cartón

Simón destaca que “acostumados a ver equipos que, co marcador a favor, perden tempo en toda a segunda metade, gañar ao Real Madrid ten moito mérito, pero facelo co comportamento e a deportividade coa que o fixo o Depor fai que a vitoria sexa moito máis especial”.


9. El rendimiento de los suplentes

“Padín, Raúl e Do Carmo conseguiron manter o nivel e que o Madrid non dese unha gran sensación de perigo”, concluye.

Simón Lamas: “Gañar ao Real Madrid con ese comportamento fai que sexa moito máis especial”