José Ramón Lete destaca a histórica presenza de Adrián Mosquera nos Xogos
lll
17º-23º

José Ramón Lete destaca a histórica presenza de Adrián Mosquera nos Xogos

José Ramón Lete destaca a histórica presenza de Adrián Mosquera nos Xogos
O secretario xeral para o Deporte co piragüista Adrián Mosquera | xg

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou onte o CP Rías Baixas de Boiro onde mantivo un encontro con Adrián Mosquera, o primeiro piragüista galego que participará nuns Xogos Paralímpicos en Tokio.

Lete Lasa lembrou algúns fitos olímpicos do piragüismo galego como os representados por David Cal, o deportista olímpico español máis laureado de todos os tempos con cinco medallas ou Teresa Portela, que nestes mesmos Xogos de Toquio converterase na española con maior número de participacións olímpicas con seis. Neste sentido, asegurou que a clasificación acadada por Adrián Mosquera para os Xogos Paralímpicos na categoría VL3 200 metros tras gañar a medalla de ouro na Copa do Muno de Szeged (Hungría) no pasado mes de maio, converte ao de Rianxo no primeiro padexeiro galego en disputar uns Xogos Paralímpicos e tamén, “nun novo referente do piragüismo galego para o mundo”.

Lete Lasa asegurou que a Xunta acompañará a Adrián Mosquera nos Xogos Paralímpicos como demostra a Axuda Reto Galicia-Tokio con Igualdade cunha contía de 5.000 euros; ademais no ano 2020, Mosquera recibiu unha bolsa de 1.500 euros como deportista galego de alto nivel.

Por outro lado, Lete Lasa, asinou co alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, o convenio de colaboración para acometer a execución das obras de ampliación e mellora do complexo deportivo de A Fieiteira cun investimento de máis dun millón de euros (1.039.982,53). 

José Ramón Lete destaca a histórica presenza de Adrián Mosquera nos Xogos

Te puede interesar