Un home de banda, profundo e polivalente que pode xogar tanto de lateral como de extremo, Marino, xogador do Castro de Iván Lamas e unha das institucións na Terceira galega como é o meta lucense Marcos Valín, cancerbeiro do Cerceda, enfrontaranse este domingo (12.00 horas) no Municipal de Castro. O gardamallas do Cerceda ten certo vínculo co seu rival desta fin de semana xa que é irmán do exxogador do Castro Adrián Valín. Os tres puntos son máis que importantes para os dous equipos.
-Como está o equipo despois de non gañar o último partido?
-Marino: Algo 'jodidos' polo tema de que fixemos moi bon partido. Creo que nos perxudicaron algo. Non quixeron entrar e o porteiro deles parou bastante, a verdade.
-Marcos Valín: Se non gañas sempre estás 'jodido', é inevitable. Estamos fastiados por como perdemos dous puntos. Sobre todo de penalti no minuto 90. Pero visto o partido non creo que sexa un resultado inxusto.
-E agora chega un rival nunha situación distinta na táboa. Aínda que tamén con moito en xogo...
-M: A verdade é que sí. Alá foi un partido bastante igualado. É un rival que me gustou bastante, teñen moi bos xogadores. Sobre todo do medio para arriba. Esperemos derribar outra vez a un dos de arriba e sumar tres puntos vitais para nós.
-M.V: Este non é un partido trampa. Xa vimos ao Castro ganándolle a todos os de arriba no seu campo. Sabemos ao que vamos e o que nos vamos encontrar alí.
-Que hai que facer para volver á senda da victoria este domingo?
-M: O que hai que facer é estar unidos e confiar en sacar os tres puntos. Quedan seis finales para nós. Temos que ganar todos os da casa e puntuar algo fóra para salvar a categoría.
-M.V: Realmente nós o que temos que facer é intentar xogar o noso fútbol. Ter o balón, dominar o partido. Logo inflúen outros factores. Depende como esté o terreo de xogo, aínda que xa vimos algunhas imaxes ultimamente. Temos que ter o noso estilo de xogo, ter o balón. Intentar telo e crear perigo con él.
JAVI ANGERIZ, KO
O central estará de baixa máis dun mes
O defensa central do Cerceda Javi Angeriz perderase o encontro desta fin de semana contra o Castro por unha lesión nun dedo da man no partido contra o Céltiga de fai quince días. É un dos xogadores con máis minutos do equipo e perderase practicamente todos os partidos restantes da liga regular. O obxectivo será que estea dispoñible para a fase de ascenso. Outro xogador que podería perderse o encontro fronte ao Castro é Pablo Agulló, precisamente o central que sustituiu a Angeriz na primeira metade ante o Alondras.