Celebrouse no campo de depacorte do Museo Etnolóxico Melga, en Ponteceso, o derrareiro aberto de billarda do verán, coa partipacion de 40 especialistas procedentes de diversos puntos da provincia da Coruña.
A primeira posición foi para Xose Collazo, do Campo da Feira de Paiosaco, seguido polo seu compañeiro Juan Carlos Cancela. Pechou o podio Óscar Apóstolo, do Santa Marta da Laracha.
Na competición feminina conquistou a vitoria Mercedes Castro, tamén do Santa Marta, mentres que en infantís gañou Miklos Fontán, do Filloas de Sangue da Coruña.
Precisamente na cidade herculina, en concreto no campo de fútbol de Eirís, terá lugar a primeira proba da temporada 2017/2018, este domingo dende as 11.00 horas.
Será unha nova oportunidade para ver en acción a estes especialistas que están a facer unha importante difusión desta modalidade tan autóctona, e que cada vez conta con máis practicantes.