Vibrante fin de semana o que se viviu no pavillón de Monte Alto co desenlace das Finais a Catro das categorías xuvenil e alevín, chegando en ambas as dúas á derradeira xornada on todo por decidir, tanto os tres postos para as respectivas fases de sector como o campión galego.
Na Xuvenil, era o Dominicos o primeiro en acadar o seu obxectivo ao derrotar a CH Compostela A (5-1). Seguidamente, el Compañía de María A y el HC Liceo dirimían o título, xa cos dous clasificados para o Sector. Nun encontro moi disputado a pesar do avultado marcador final, os verdibrancos foron finalmente superiores (71) a pesar de que o Compañía chegaba como favorito despois dunha espectacular Liga regular, onde non perdera ningún partido dos 18 disputados, sendo precisamente ante o HC Liceo a súa primeira derrota de toda a tempada.
No que atinxe á categoría Alevín, o Liceo A lograba a vitoria (3-2) ante o AC Órdenes e con elo o seu pase para a Fase de Sector Norte, que será do 21 ao 23 de abril, tamén en Monte Alto.
No derradeiro enfrontamento, os conxuntos santiagueses do CH Compostela A, líder da Liga regular cunha soa derrota, e o HC Raxoi A decidían o título autonómico. Aquí tamén se rompeu o pronóstico, pois logo do dominio inicial do Compostela, os do Raxoi conseguían remontar un marcador adverso para impoñerse pola mínima (3-2) e acadar o entorchado autonómico.