Aragón non lle deu opción a unha Galicia sen argumentos
lll
17º-23º

Aragón non lle deu opción a unha Galicia sen argumentos

Aragón non lle deu opción a unha Galicia sen argumentos
22 abril 2017 Fútbol Base Nacional Sub-18 Aragón-Galicia 3-0

Usuario

A selección de Aragón impediu a Galicia meterse na segunda final da súa historia no Campionato de España Sub18. Os aragoneses foron superiores, aproveitándose de dous goles tempraneiros nas súas dúas primeiras chegadas.

Arrancou o partido con moito ritmo e con Galicia combinando ben a pelota. Así chegou a primeira ocasión do encontro. Acción combinativa entre Óscar e Pedro que finaliza cun pase interior de Óscar a Boedo, pero estivo atento o porteiro local para impedir o remate do atacante galego.

Aragón deu resposta cunha enorme eficacia. Marcaron os anfitrións nas dúas primeiras chegadas á portería de Julen. Un córner no minuto 7 foi despexado polo gardameta galego e o rexeite chegoulle a Carlos Vicente, que marcou nunha acción un tanto afortunada.

O gol fixo dano ó combinado galego e na segunda chegada aragonesa chegou un segundo gol que deixou o partido moi costa arriba. Pérdida de balón en mediocampo e contra que remata cunha internada de Forcén e unha magnífica definición ante Julen. 2-0 e tocaba remar a contracorrente.

LONGUEIRO
Con 2-0 no marcador aragón puido ampliar a renda cun tiro á madeira

Tivo Galicia a oportunidade de recortar á media hora de encontro, pero o balón rematado por Jacobo Vilariño foi sacado baixo paus por un defensor aragonés. Certo é que tamén Aragón puido ampliar a renta nun balón enviado por Mario cara a súa propia portería e que foi repelido polo longueiro.

Chegaba o partido ó intermedio e o equipo galego saía con gañar de darlle a volta ó marcador, pero pronto chegou a sentencia. De novo marcaba Forcén, un gol que facía xa prácticamente imposible a remontada. Moveu Secho o banquillo en busca dunha reacción, pero o partido xa non tiña volta e só houbo un par de acercamentos con perigo de Caramés pola dereita.

O encontro rematou sen emoción xa que a renda de Aragón era máis que suficiente para que non houbese ningún tipo de susto final. O combinado anfitrión, que se medirá a Cataluña na gran final que se disputará este domingo, controlou o partido, durmiuno e incluso se permitiu baixar a intensidad para non desgastarse tanto e reservar forzas para o trascendental e último partido. Pola súa banda, Galicia, sen ningún opción, dixo adeus á fase final do campionato nacional cun sabor amargo.

Aragón non lle deu opción a unha Galicia sen argumentos

Te puede interesar