O Liceo loitará polo ascenso a Primeira
lll
17º-23º

O Liceo loitará polo ascenso a Primeira

O Liceo loitará polo ascenso a Primeira
28 marzo 2017 Hockey patines Fase final Liga Gallega El Liceo luchará por el ascenso a Primera División

Usuario

En determinadas ocasións o deporte ofrece situacións que non son agardadas atendendo aos resultados previos ou mesmo ao potencial demostrado con anterioridade polos equipos que disputan unha competición. Iso foi o que sucedeu en Ordes coa Final a 4 Senior Masculina, na cal se decidía o campión galego e por extensión ao conxunto que terá dereito a xogar a fase de ascenso a Primeira División Nacional. O HC Liceo, que chegara á Final a 4 como sexto clasificado na liga regular e que derrotaba na eliminatoria de cuartos de final ao AC Órdenes, conseguía o título nunha derradeira xornada chea de emoción e incerteza.

A xornada inaugural mostraba resultados lóxicos, pero o empate do Dominicos co Liceo abría aínda máis as posibilidades dos dous. Compañía de María A perdía co Liceo por dous tantos de diferenza, o que obrigaba a Dominicos a facelo pola mesma renda ante aqueles se querían proclamarse campións. Tras o triunfo dos liceístas contra o Compañía de María B, só quedaba agardar ao derradeiro partido, onde a Dominicos quizá lle puido a presión. Pero o certo é que aínda que se puxo cun 5-3 por diante que parecía definitivo, finalmente Compañía de María A lograba remontar e dáballe a volta ao marcador. En consecuencia, o título de campión galego era para o Liceo.

O Liceo loitará polo ascenso a Primeira

Te puede interesar