A asemblea aproba as contas
lll
17º-23º

A asemblea aproba as contas

A asemblea aproba as contas
asamblea

Usuario

A Asamblea Xeral da Federación Galega de Fútbol volveu a dar o seu absoluto respaldo á xestión da actual Xunta Directiva que preside Rafael Louzán. Foron aprobados todos os puntos e case todos por unanimidade nun encontro asambleario celebrado no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela coa presenza de 97 asambleístas.

Comezou o acto cun especial recordo a todas aquelas persoas do noso fútbol que nos deixaron nos últimos seis meses. Unha sinxela e emotiva homenaxe que rematou cun minuto de silencio. Acto seguido o presidente deu paso a un vídeo donde se repasou toda a actividade deportiva da tempada 16-17, con todos os equipos campións e ascendidos nas diferentes categorías.

O tesoureiro da FGF, Luis Serantes, presentou as contas anuais, que calificou de \“históricas\” cun notable incremento orzamentario e un resultado favorable final de 8.735,26 euros. As contas foron aprobadas con 83 votos a favor, 9 en branco e ningún voto en contra.

O secretario xeral, Diego Batalla, tomou a palabra para presentar o plan competicional, informando de todos os cambios aprobados previamente polo Comité de Fútbol Base e a Comisión Delegada, e xa comentados nos distintos plenos territoriais que se foron desenvolvendo por todas as Delegacións. Tamén foi presentado o calendario completo de competición da tempada 17-18. Os cambios máis significativos son o novo formato da fase de ascenso a Liga Galega xuvenil, cadete e infantil na zona norte. O novo formato da Liga Galega Infantil e a introdución dos cambios volantes na Primeira e na Segunda Autonómica Infantil. O plan competicional foi aprobado cun só voto en contra.

Diego Batalla tamén informou dos cambios regulamentarios aprobados previamente pola Comisión Delegada e que afectan principalmente a temas de carácter arbitral.

E como se ven facendo desde a chegada de Rafael Louzán á presidencia, durante a Asamblea celebrouse o sorteo do calendario de Terceira División, incorporando este ano tamén o sorteo dos dous grupos de Preferente.


Fútbol sala

O presidente pechou a Asamblea Xeral Ordinaria cunha intervención na que fixo un detallado repaso a estes últimos seis meses de xestión. Comezou pola gran noticia deste ano no fútbol galego: a integración do fútbol sala na Federación Galega de Fútbol. Louzán explicou como se chegou a este histórico momento e o que supón para o noso fútbol. A xa consolidada integración do fútbol veterano (xa se están pasando equipos de Vigo e só queda Ourense por sumarse ó proxecto federativo no fútbol veterano) e a chegada do fútbol gaélico á FGF tamén foron resaltadas polo presidente, que destacou o efecto que todo elo ten no número total de licenzas e equipos en Galicia, superando por primeira vez as 70.000 licenzas.

Informou tamén o presidente dos ingresos que van a percibir os equipos de 2ªB, 3ª, División de Honor Xuvenil e Liga Nacional Xuvenil en base ó reparto da venda centralizada dos dereitos de televisión: 60.000 cada equipo de Segunda B, 27.500 os de Tercera, 6.000 os de División de Honra e 2.500 os de Liga Nacional

97 portavoces
Os asambleístas presentes aprobaron o incremento do orzamento e un resultado favorable final de 8.735,26 euros

Sobre a actualidade que se vive na Federación Española remarcou que desde un principio desde a FGF \“pedimos un cambio de formas, de proceder na RFEF\”, recalcando que \“nós traballamos en Madrid por defender os intereses do noso fútbol\”.

Igualmente informou do estado das obras de campos de fútbol financiados na súa totalidade ou en parte pola Federación: San Pedro de Visma na Coruña, campo universitario de Santiago, campos de Oira e Os Remedios en Ourense ou o de Coia en Vigo. Lamentando que os dous campos sintéticos de Visma non poidan estar xa a disposición dos clubs coruñeses estando rematados hai xa máis dun ano. Louzán confía que o Concello desbloquee finalmente esa situación e dunha vez por todas os clubs poidan utilizar eses campos tan necesarios para eles.


Mutualidade

No seu informe, o presidente fixo especial mención ó funcionamente da Mutualidade, volvendo a apelar á responsabilidade dos clubs e dos mutualistas para poder controlar o gasto, o cal que se disparou nunha porcentaxe moi superior á media recomendada. O índice de siniestralidade é do 22% e o recomendado é do 10%. Pese a elo anunciou que por terceiro ano consecutivo non se van a subir as cotas.

A asemblea aproba as contas

Te puede interesar