Susana Rodríguez logra a prata na proba de PTVI
lll
17º-23º

Susana Rodríguez logra a prata na proba de PTVI

Susana Rodríguez logra a prata na proba de PTVI
22 junio 2014 triatlón fotografía de la triatleta susana rodríguez

Usuario

Primeira xornada do Europeo de Tríatlon de Kitzbühel (Austria) e primeira medalla para Galicia. A paratriatleta Susana Rodríguez Gacio acadou a prata na categoría PTVI (para deportistas con discapacidade visual).

Ademais, tamén competiu a junior Iria Rodríguez, que rematou na 22ª posición.

Na proba de paratríatlon, que se desenvolveu con moita choiva, Susana Rodríguez fixo unha boa natación, e comezou a bicicleta na loita pola segunda posición. Por diante, a británica Alison Patrick, que ademais aumentou a distancia durante a bici. Neste segmento, Susana non se atopou demasiado ben.

Na última volta do ciclismo, Patrick sufriu unha picada que lle fixo perder moito tempo e posicións. Este feito foi aproveitado pola tamén británica Melissa Reid para poñerse líder e lograr o título cun tempo de 1h 12:44, por 1h 14:29 da paratriatleta galega. A medalla de bronce foi para a alemá Lena Dieter (1h 16:36).

Susana Rodríguez logra a prata na proba de PTVI

Te puede interesar