Juan Lorenzo: “Entrounos o canguelo e bendita sexa a decisión que tomamos”
lll
17º-23º

Juan Lorenzo: “Entrounos o canguelo e bendita sexa a decisión que tomamos”

Juan Lorenzo: “Entrounos o canguelo e bendita sexa a decisión que tomamos”
Juan Lorenzo

Usuario

Juan Lorenzo, vicepresidente do Bergantiños


Leva 9 anos na directiva. Este é o mellor Bergantiños desde que vostede está no club?

Teño serias dúbidas. Cando competimos a liga co Racing de Ferrol tiñamos un equipazo, pero non se deron circunstancias que aportan outras persoas.


Que circunstancias?

Igual non estou acertado pero derbo falar moi ben do corpo técnico. A dirección da empresa é fundamental.


Pasouno mal?

Como bo atlético, recoñezo que teño tendencia ao fatalismo e, se hai unha ingratitude na vida, esa é ser directivo dun club de fútbol. Todo o que traballas, o tempo que lle adicas, funciona ou non funciona en base a se o balón da no pau ou se entra.


É Juan Lorenzo a persoa na que se apoia o presidente?

Diría que é ao revés, que é Chano o que me anima. Trato de manter templanza e págoas.


Que pasou no pasado curso?

Queríamos que rematase canto antes e pensamos: co equipo que temos, como non imos conseguir a permanencia? Entrounos o canguelo e bendita sexa a decisión que tomamos. 

Juan Lorenzo: “Entrounos o canguelo e bendita sexa a decisión que tomamos”

Te puede interesar