Educación e colaboración institucional, chaves para a loita antidopaxe
lll
17º-23º

Educación e colaboración institucional, chaves para a loita antidopaxe

Educación e colaboración institucional, chaves  para a loita antidopaxe
Imaxe de arquivo do secretario xeral nunha xuntanza virtual | xg

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou onte na ‘Xornada Educativa Antidopaxe’ celebrada de xeito virtual a través da aula virtual da Escola Galega do Deporte coa colaboración da Unión de Federacións Deportivas Galegas e a Axencia Española de Protección da Saúde no Deporte (AEPSAD).


Nas súas verbas, Lete destacou a importancia de ferramentas como a educación e da colaboración de todas as institucións para trasladar a á poboación e en especial aos deportistas máis novos valores tan importantes como o traballo, o esforzo o sacrificio e que “para chegar ao éxito só se chega a través deste camiño, non existen atallos”.


Neste sentido lembrou a importancia da constitución o pasado 25 de xuño de 2019, da Comisión Galega de Control e Prevención da Dopaxe que naceu co compromiso de conseguir un deporte galego limpo e sen trampas e para protexer a saúde dos nosos deportistas con labores de sensibilización e de información, así como coa actividade sancionadora.


Lete Lasa referiuse ao director da AEPSAD, José Luis Terreros, tamén presente na xuntanza virtual que no seu día valorou a constitución desta Comisión como “moi importante tanto para a loita contra a dopaxe en España como para o deporte galego porque se abre unha colaboración real e efectiva entre a axencia competente e a Secretaría Xeral para o Deporte”.


Dende aquela, a Comisión Galega de Control e Prevención da Dopaxe vén realizando as súas competencias. 

Educación e colaboración institucional, chaves para a loita antidopaxe

Te puede interesar