Protocolo para o fomento do deporte escolar
lll
17º-23º

Protocolo para o fomento do deporte escolar

Protocolo para o fomento do deporte escolar

Usuario

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, asinaron onte un protocolo de colaboración para o fomento do deporte no ámbito escolar como medida complementaria ao Plan Recupera.


A actuación estruturarase a través dun grupo de traballo Educación-Deporte constituído por profesionais do ámbito da actividade física e profesionais da educación, que analizarán a situación actual do deporte escolar e deseñarán accións para a integración do deporte en todos os niveis educativos, especialmente no horario lectivo.


Neste contexto, porase en valor o labor desenvolvido desde hai anos entre a poboación escolar polo programa XOGADE e estudarase a implantación de novas prácticas físico-deportivas como os deportes urbanos. Así mesmo, buscarase ampliar o interese pola actividade física ao alumnado que non o presenta e promoveranse estes hábitos saudables a través da creación e difusión de material didáctico nos centros educativos.


Tal e como explicou o conselleiro, “este protocolo é tan só un paso máis na busca conxunta de sinerxías positivas que dean resposta ás necesidades e demandas do alumnado galego”, e con el o Goberno galego quere favorecer a implementación de proxectos de vida activa nos centros educativos mediante a colaboración interinstitucional.


Pola súa banda, o secretario xeral para o Deporte sinalou que a actividade física e o deporte deben ter unha “presenza insubstituíble no desenvolvemento persoal e social”.


Para iso fixo fincapé na necesidade de “potencialo dende as idades mais novas, a través da continuo aprendizaxe de condutas e valores, e nas entornas naturais de colexios, familias e por suposto das entidades deportivas”. Neste sentido destacou a importancia das agrupacións deportivas escolares e dos docentes para a adquisición dunha práctica deportiva “cada vez mais estendida, e sempre libre, democrática e igualitaria”. 

Protocolo para o fomento do deporte escolar

Te puede interesar