Lete Lasa enxalza o bo nivel de Galicia
lll
17º-23º

Lete Lasa enxalza o bo nivel de Galicia

Lete Lasa enxalza o bo nivel de Galicia
Con José Gregorio Suero onte en Santiago | aec

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu na sede da Escola Galega de Administración Pública ao boxeador hispano-dominicano afincado en Vigo, José Gregorio Suero Martínez, máis coñecido como ‘a sombra Martínez’ e que vén de proclamarse campión de España Profesional do peso Superwelter en Pamplona tras derrotar por KO ao defensor da coroa, o navarro David Soria.


Do mesmo xeito, tamén destacou no boxeo amateur a excelente actuación do hispano-cubano afincado na Coruña, Enmanuel Reyes Pla, no Aberto Nacional de Clubs celebrado en Los Alcázares (Murcia) onde acadou a medalla de ouro en elite 91 kilogramos. Ademais, cómpre salientar que Enmanuel conta con opcións olímpicas para Tokio.


Neste sentido, enxalzou o excelente nivel do boxeo galego, agradecendo ao traballo da Federación Galega de Boxeo, representada na reunión polo seu presidente, o coruñés Manolo Planas.


“De seguro que os mellores boxeadores saben do magnífico traballo que se realiza en Galicia cando deciden vir a adestrar e competir pola nosa comunidade”, sentenciou. 

Lete Lasa enxalza o bo nivel de Galicia

Te puede interesar