Publicada a quinta e derradeira guía da Xunta
lll
17º-23º

Publicada a quinta e derradeira guía da Xunta

Publicada a quinta e derradeira guía da Xunta
O coordinador destes traballos é Rafael Martín Acero | xg

Usuario

A Xunta vén de publicar o quinto e derradeiro número das Guías DXT Galego ‘Volvendo con sentidiño’ elaboradas pola Secretaría Xeral para o Deporte e expertos baixo a coordinación do catedrático da Universidade da Coruña, Rafael Martín Acero. O manual xa foi enviado a todos os clubs e federacións deportivas de Galicia e pode ser consultado na páxina web do Deporte Galego. Este quinto exemplar versa sobre ‘Flexi-organización de competicións e calendarios en tempos de Covid-19: sistema iterativo de competición modular (SíCoM-DXT Galego)’.


A quinta guía propón este sistema iterativo de competición modular que permite pensar a cada órgano federativo competente como se podería flexi-organizar na repetición de móduos de competición (sesións, torneos, campionatos), e ordenar e pautar o calendario das competicións de tal xeito que, se fose preciso un novo ‘parón’, este non impedise continuar sen ter que ‘volver atrás’ á vez que se garantan os dereitos deportivos dos competidores. Os asuntos tratados neste quinto documento corresponden a un traballo realizado por Rafael Martín Acero, Dan Río Rodríguez, Joaquín Gómez Varela e Javier Rico Díaz, da Secretaría Xeral para o Deporte e a Universidade de Santiago de Compostela.


Esta guía é a quinta dunha serie que completa o documento único que contribuirá a reactivar os adestramentos e competicións das arredor de 300 especialidades deportivas que se practican en Galicia e a recuperar o músculo do deporte galego, así como a plenitude física e psíquica de federacións, clubs e deportistas.

Publicada a quinta e derradeira guía da Xunta

Te puede interesar