O Concello achega o soño olímpico aos máis novos
lll
17º-23º

O Concello achega o soño olímpico aos máis novos

O Concello achega o soño olímpico aos máis novos
Andrés Díaz, Mónica Martínez e Jesús celemín presentaron onte en María Pita esta interesante actividade | aec

Usuario

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, e o edil de Educación, Jesús Celemín, acompañados do atleta Andrés Díaz, presentaron o ciclo ‘Coruña Olímpica. Achegando o soño ás nosas e nosos estudantes’, que o Concello pon en marcha dirixido a escolares de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria de centros educativos públicos e concertados da cidade.


O ciclo consiste nunha serie de entrevistas a través das cales se dará a coñecer a experiencia deportiva, pero sobre todo a persoal dalgúns deportistas coruñeses. Para acadar un maior dinamismo e interese, a entrevista verase salpicada polas preguntas que o propio alumnado lle poida facer ás persoas protagonistas.


Celemín sinalou que a finalidade desta iniciativa é “coñecer máis de preto o traballo, a disciplina, a mentalidade e a forma de ver a vida das e dos deportistas”. Para o edil tratase dunha acción nova que lle permitirá ao alumnado descubrir o percorrido das e dos deportistas até chegar á elite.


Pola súa banda, Mónica Martínez, lembrou que “a pandemia roubounos os Xogos 2020, pero non o talento das e dos deportistas coruñeses que participaron ao longo da historia” e que para Tokio buscan praza Alberto Seoane (tenis de mesa adaptado), Jacobo Garrido (paranatación), Julia Benedetti (skateboard), Víctor Castro (halterofilia) e Enmanuel Reyes (boxeo) e Alberto Gaitero (judo).


Cultura do esforzo

Andrés Díaz cualificou a iniciativa coma “unha ferramenta moi importante para fomentar o deporte e educar en valores olímpicos e deportivos”. O extleta Considera que a mellor maneira de comunicar é a través do exemplo e todas e todos os deportistas que participarán nas charlas “foron educados na cultura do esforzo, o compañeirismo a superación, o respecto, o compromiso”.


Gustaríalle ao exmediofonista que os nenos entendesen o lema olímpico non só como a busca dun resultado, senón como un exemplo de superación constante e de mellora que se pode trasladar á vida académica e persoal. “Sería estupendo que despois das charlas algún neno tivese o soño que tivemos nós de ser olímpicos/as”, dixo Díaz.


Sete entrevistas

O ciclo de entrevistas do ‘Coruña Olímpica’ contará con os olímpicos coruñeses (suxeito a algún cambio pola axenda dos participantes) Sofía Toro (vela, 8 de abril), Victorino González (judo, 15 de abril), Roberto Naveira (judo, 22 de abril), Indalecio Iglesias (tenis de mesa adaptado, 28 de abril), Andrés Díaz (atletismo, 6 de maio), Pucho Boedo (judo adaptado, 13 de maio), e Paula Medín (rugby, 20 de maio).


O ciclo terá lugar todos os xoves en horario de mañá, cunha duración dunha hora. Máis información na páxina web.

O Concello achega o soño olímpico aos máis novos

Te puede interesar