O Deportivo no encontro ante Unionistas mellorou con respecto a SD Compostela e así o evidenciou Fernando Vázquez durante a rolda de prensa antes do encontro co Coruxo.
Un paso adiante do equipo branquiazul, que aínda non demostrou todo o seu potencial sobre o campo, no que levamos de tempada.
1. Collendo ritmo competitivo
“Imos normal, imos collendo ritmo de competición que a moitos lles faltaba. Cando vas mellorando individualmente, melloras colectivamente. Son pasos cortos pero importantes para ver exactamente o potencial exacto do equipo nestes momentos”, aclarou o adestrador.
“As mellorías individuais son evidentes, e especialmente no segundo tempo. Tomamos unha decisión de esperar un pouco máis atrás e funcionou perfectamente”, admitiu.
Pero, remarcou que foi condicionado a que “o marcador era favorable. O pensamento estratéxico do día do Compos non era o mesmo, e polo tanto quizá o equipo estivo máis dubitativo en Santiago que en Salamanca. En Salamanca tiñan máis claro o que había que facer e fixérono correctamente”, suliñou.
2. Baixas na defensa herculina
Non comezou de xeito afortunado para o Deportivo esta tempada no apartado de doenzas. As baixas de Bóveda e Salva Ruiz no partido ante o Compostela, sumáronse as de Derik e a dúbida de Borja Granero, que vaise probar hoxe. Isto complica a Vázquez para compor a defensa e recoñece as dificultades. “Temos solucións, aínda que teño que recoñecer que non lembro que me pasase co lateral dereito, lateral esquerdo e os dous centrales estén fora do equipo. É algo que limita bastante a un entrenador e baixa o rendemento do equipo”, indicou o técnico do conxunto herculino.
Ademáis, desvelou que incluso meditara opcións se, por desgraza houbese máis baixas. “Estou pensando qué facer se fallan Valín ou Héctor. Estou certamente moi xusto, escaso de efectivos, pero inventaremos algo se seguimos con problemas”, aclarou.
3. Só un partido máis de sanción
Vázquez apuntou que o tempo que estivo sancionado puido pensar e reflexionar sobre un castigo, a vez cun momento compricado para o equipo, pelexando por non descender, e o actual inicio de competición.
“Tiven moito tiempo para pensar y evidentemente coincidiu ademáis con momentos importantes para o Deportivo. Non vou decir que estou avergonzado, pero foi un erro moi importante, espero que non volva a pasar. Sentín impotencia nalgún momento. Sabía que o equipo precisaba de mín o ano pasado e tamén agora, cando empezas unha tempada. Espero volver e non recaer”, desexou o adestrador de Castrofeito.
4. Diferencias e cambios que agarda
Pensando no encontro de mañá ante o Coruxo, o míster herculino agarda co equipo mellore as súas prestacións con respecto o visto no Reina Sofía a pasada xornada.
A consistencia no xogo e na intensidade é unha das cousas que agarda Vázquez do encontro. “Gustaríame que o segundo tempo de Salamacna sea o primeiro tempo contra o Coruxo. Unha actitude, que independientemente do resultado, o equipo amose forza, enerxía, agresividade. É que ese movemento xeral do equipo sexa máis armónico no terreo de xogo. Que o fútbol do Depor teña máis continuidade”, zanxou Vázquez.