A Liga Galega de Fútbol Gaélico chega á súa sétima xornada coincidindo co 25N, o Día Internacional da Loita Contra a Violencia de Xénero.
Esta data marcou cada partido disputado, onde os equipos aproveitaron para lucir pancartas en contra desta lacra social e a favor da igualdade.
No eido deportivo, a Liga feminina segue liderada por Herdeiras e Estrela, a pesar de descansar nesta xornada.Fillas, impúxose a Auriense como local e conserva terceira praza. Así mesmo, Keltoi suma os primeiros puntos e escala posicións tras doblegar ás Irmandinhas nun partido moi apretado.
No cadro masculino, Irmandinhos, Estrela Vermelha e Fillos saldaron con vitorias folgadas os seus compromisos desta fin de semana e dan mostra do seu potencial.
Os da Estrada venceron sen apuros a Keltoi, os composteláns fixeron o mesmo contra Pontevedra e os herculinos tampouco pasaron apuros contra Auriense.
Os xogadores estradenses mandan con 12 puntos, por dez de Estrela Vermelha e Fillos de Breogán.
Polo demais, Mecos foi capaz de superar a Ártabros nun encontro moi igualado e Cambados acadou a primeira vitoria en liga a costa de Estrela Gaels.