A terceira carreira popular do V Circuíto Coruña Corre celebrarase este domingo no barrio de Matogrande. A proba absoluta, que comezará ás 10.30 horas, terá a súa saída e meta na rúa Sebastián Martínez Risco, á altura co Colexio Liceo La Paz, e desenvolverase polo barrio coruñés así como pola rede viaria do Campus de Elviña.
En total participarán 1.631 persoas, das que 448 son menores de idade. Co gallo desta competición, o Concello despregará un dispositivo especial de tráfico que provocará cortes na circulación dos vehículos na zona e limitacións no estacionamento, ademais da supresión da parada de taxis e de autobús na glorieta interior de Matogrande desde as 10.15 ata as 13.15 horas.
Así, desde as 06.00 horas, non estará pero na rúa Sebastián MartínezRico, que se cortará ao tráfico na zona fronte ao Liceo, desde as 08.00 ata as 14.00 horas. O corte no percorrido do circuíto da carreira absoluta producirase desde as 10.20 ata as 11.15 horas.
Deste modo, aínda que non se poderá circular polas rúas Sebastián Martínez Rico, Juan Díaz Porlier, Carlos MartínezEnrique Mariñas, permitirase a permeabilidade das mesmas no acceso aos garaxes. Tamén estará pechada á circulación a estrada de Pocomaco, sentido Matogrande, desde a nova glorieta de conexión coa Universidade, manténdose en todo momento o sentido Matogrande-Pocomaco. Ademais, tamén estarán cortados ao tráfico vías da zona do campus universitario, polo que a saída de vehículos dos estacionamentos será xestionada tamén por persoal municipal.
En relación ao percorrido que se verá afectado pola celebración de carreiras de menores, que terán lugar de 11.35 a 13.15 horas, realizaranse cortes á circulación de forma descontinua, permitindo a saída e a entrada aos garaxes nas rúas Sebastián Martínez Risco, Juan Díaz Porlier e Carlos MartínezEnrique Mariñas.
Os dorsais para a II Carreira Popular Matogrande poderán recollerse no colexio Liceo La Paz mañán, de 11.00 a 13.30 horas e de 16.30 a 21.00 horas, así como o mesmo domingo ata unha hora antes do inicio de cada carreira. No propio recinto escolar estará situado o servizo de duchas e gardarroupa o día da proba, cuxa entrega de premios será ás 13.15 horas.
Máis información sobre esta e outras probas que compoñen o calendario do Circuíto Coruña Corre 2017 na páxina web www.coruna.gal/carreiraspopulares.