Yago Iglesias: “Os tres puntos puideron quedar aquí”
lll
17º-23º

Yago Iglesias: “Os tres puntos puideron quedar aquí”

Yago Iglesias: “Os tres puntos puideron quedar aquí”
Keko tenta progresar co balón ante Juampa | alfaquí

Usuario

O adestrador do Compostela, Yago Iglesias, mostrouse satisfeito do traballo despregado polos seus xogadores e a imaxe que deu o equipo santiagués, que mellorou ante el Deportivo, respecto o debut fronte o Unionistas.

“Vin un Compostela dende o inicio do partido valente, coa súa idea e filosofía, de volver a ser o equipo protagonista, que lle quita o balón a calqueira rival que teña enfronte. Na primeira parte sí que primou o control do balón e do espacio. Sabíamos co Deportivo ten moi bos xogadores, sobre todo de mediocampo para diante, e non queríamos un partido de ida e volta”, explicou.

Trocos no encontro
Sen embargo, variou o plantexamento a partires da hora de xogo: “A partir do minuto 70, debido o paso adiante do Depor, tentamos dar máis seguridade no mediocampo, tentando facer daño nas transicións. Previamente tiveramos chegadas, na primeira parte merodeamos o área do Deportivo, pero as máis claras foron a partir de aí (do minuto 70 do encontro).

Sobre o papel do Deportivo, moi desaparecido en varias fases do partido, valorou que o mérito foi en gran parte grazas o traballo dos seus homes.

“Non me sorprendeu para mal o Deportivo, tanto a nivel colectivo como individual todo o mundo sabe o que hai enfronte. Moita culpa de que non se vira un Deportivo dominador foi o papel do Compostela. Non vimos dende dentro ningún porqué esta semana de ter preocupación por este partido, todo o contrario. Comezamos a nosa andadura nesta nova categoría a semana pasada, fomos a un campo moi compricado (Unionistas), que non ten nada que ver co que nós temos na casa, sintético, e non chegamos a ser ese equipo, nin entramos con bo pé nesta categoría, e para nós era primordial, canto antes, ser ese equipo. Por iso, esta semana esquecemos o rival que tiñamos enfronte e centrámonos en ser un pouco o que vístedes hoxe (por onte)”, argumentou o adestrador.

Opcións de gañar
O preparador asegurou que os seus xogadores pensan que puideron sacar algo máis.

“Foi unha mágoa, porque o sentir do vestiario e que os tres puntos pudieron quedar aquí, en San Lázaro. Pero o Deportivo non me sorprendeu para mal, todo o contrario. Teño que agradecer os meus xogadores por confiar na idea todos estes anos, por facela boa, porque os adestradores estamos a expensas do que os xogadores fagan no terreo de xogo”, aclarou o míster. 

Yago Iglesias: “Os tres puntos puideron quedar aquí”

Te puede interesar