Simón: “Non xogamos en igualdade de condicións”
lll
17º-23º

Simón: “Non xogamos en igualdade de condicións”

Simón: “Non xogamos en igualdade de condicións”
Simón Lamas, adestrador do Villalbés, o pasado domingo nas Eiroas | raúl lópez

Usuario

O Racing Villalbés non foi quen de marchar con ningún punto das Eiroas o pasado Bergantiños. Simón Lamas, técnico do equipo vilalbés, considera que os seus mereceron máis fronte ao Bergantiños nun partido moi igualado.

1. Un Villalbés cómodo no campo do Bergan
O adestrador do Villalbés manifestou notar cómodo ao seu equipo nas Eiroas. “Baixo o meu punto de vista, o partido foi moi parello. Na primeira parte, os dous equipos xeramos ocasións de gol, pero nós estabamos atopándonos moi cómodos. Tivemos un gol legal que nos anulan e unha xogada de penalti que, polas imaxes, o árbitro ten que ver que foi penalti. O Bergantiños, en banda esquerda con Yelco e Aarón, e coa mobilidade de Carlos desde dentro, xerou un par de ocasións boas”.

2. Perxudicado polas decisións arbitrais
Simón Lamas, un dos técnicos máis novos da Terceira División, non está dacordo coas decisións adoptadas polo árbitro vigués Miguel Oliveira Dios no partido do pasado domingo nas Eiroas. “O árbitro nunca nos beneficiou en ningunha das decisións que tomou, sempre beneficiou ao rival. Na xogada de Cuadrado xa pode ser penalti a Buyo porque na entrada por banda agárrano. Nós non temos esa picardía que outros xogadores si poden ter. Despois, a Cuadrado bárreno e cae lesionado. Esa xogada puido ser determinante. Cada decisión que se pitou beneficiou sempre ao mesmo e iso, nun partido igualado, é determinante e a nós non nos permitiu xogar en igualdade de condicións. Fixemos moitas máis cousas das que se poden apreciar no resultado”, indica o técnico vilalbés.

3. Asume o erro na defensa do 2-1
Simón recoñece que “na segunda parte, en dous minutos tiramos o partido. Trala expulsión de Tarí tivemos varias opcións pero, primeiro polo centro lateral, que é un erro do equipo porque temos que sacar ese balón, e despois por un erro do árbitro, o partido cae do lado do Bergantiños. Creo que foi moito máis parello do que pode indicar o marcador. Sinceramente, creo que estabamos atopándonos moi cómodos”.

4. Liña de cinco atrás     no segundo período
O Villalbés fixo unha modificación no intermedio. “No descanso falamos de facer liña de cinco nas situacións nas que tivéramos que defender cerca da nosa portería porque a mobilidade de Yelco e Carlos por dentro estaba a xerarnos moito perigo nas costas do noso lateral dereito. Con esa liña de cinco cría que defenderíamos mellor esas situacións e os centros laterais, pero nunha desas situacións fixéronnos o 2-1”, apunta.

5. Considera inxusto         o resultado de 3-1
“A sensación do equipo é de estar cómodos e de que tiñamos máis preto de poder facer gol nós que eles. Quedo coa reacción do equipo trala expulsión de Tarí. O equipo soubo cambiar de chip. Coa entrada de Sandá e Rares e retrasando a Ángel ao medio fomos capaces de afundir ao Bergantiños, que tiña capacidade para saír á contra con Duque. Non nos xeraron nada e nos fomos capaces de ter cinco ou seis chegadas moi boas. Faltou acerto pero temos a sensación de que non merecemos o 3-1”, lamenta o adestrador dun Villalbés que marchou de baleiro de terras carballesas.

6. Modificación táctica para o tramo final
Simón conclúe explicando unha nova modificación táctica para o tramo final. “O que queríamos coa entrada de Duque, agardando as súas transicións, era deixar a López, que é máis rápido, como central, que José Varela tivera moita profundidade de lateral e non de extremo e, con Ángel e Sandá, sabíamos que nos ían dar moita continuidade e control do xogo. A partir de aí, ter chegadas. Santi, entre liñas, tamén nos deu capacidad de recibir e ir a pola a última liña. O equipo soubo pasar do chip de defensa organizada e contraataque ata a expulsión a levar o peso do partido no ataque posicional e dominar a un rival que na contra podía facernos perigo. En dous minutos tiramos pola borda o partido”. 
 

Simón: “Non xogamos en igualdade de condicións”

Te puede interesar