A Xunta aporta 403.800 euros aos deportistas de Alto Nivel
lll
17º-23º

A Xunta aporta 403.800 euros aos deportistas de Alto Nivel

A Xunta aporta 403.800 euros aos deportistas de Alto Nivel
30 marzo 2018 / 01 noviembre 2018 BUCHAREST (ROMANIA), 29/03/2018.- La española Irene Martínez realiza un intento de arrancada durante los Campeonatos de Europa de Halterofilia en Bucarest, Rumanía, hoy, 29 de marzo de 2018. Mart&iac

Usuario

A Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego, vén de facer pública a resolución das axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2019, baixo a denominación ‘AXUDAS DGAN 2019’ e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos deportistas galegos e galegas de alto nivel. A resolución está publicada na web do deporte galego.

Nesta convocatoria acadouse un importe das axudas resoltas DGAN de 403.800 euros, o que representa un 16% máis que o importe final resolto de 2018 (348.790 euros) e a contía máis elevada desde 2011. Ademais, tamén se incrementa o número total de axudas solicitadas, pasando das 282 na convocatoria de 2018 ás 328 na actual convocatoria, un 16% máis, así como o número de axudas resoltas chegando agora ata as 250 tras as 200 de 2018, un 25% máis. 

Moitos coruñeses
Entre os beneficiados das DGAN están varios deportistas coruñeses, entre eles José Luis Adarraga (golf), Iván Ares e Roberto Blach (automobilismo), Carlos Arévalo (piragüismo), Irene Blanco, Irene Martínez Santiago, Noelia García Suárez e Víctor Castro (halterofilia), María de Valdés e Sergio Campos (natación), Mónica Castelo (rugby), José Fernández Rey (taekwondo), Martín Liste (atletismo e halterofilia), Diego Merino (hípica), Borja Sánchez (motociclismo) e a campioa olímpica Sofía Toro (vela).

Das 78 solicitudes denegadas (un 5% menos que en 2018), 17 foron por non ser DGAN, 11 por non presentar toda a documentación requirida e 50 por non acadar a puntuación mínima de 15 puntos en resultados deportivos.

A convocatoria de 2019 conta con seis tipos de axudas: DGAN 1, DGAN 2, DGAN 3, DGAN 4, DGAN 5 e DGAN 6, que foron asignadas segundo os resultados deportivos acadados durante o ano 2018. 

Por tipo de axuda, compre destacar o incremento do número de Axudas 1 (10.000 euros) resoltas, sendo estas as de maior importe que só acadan deportistas campións e campioas do mundo en categoría absoluta en proba olímpica ou paralímica, pasando de unha en 2018 a tres en 2019: Susana Rodríguez Gacio (paratríatlon), Francisco Pérez Carrera (atletismo paralímpico) e Nikoloz Sherazadishvili (judo). Ademais tamén se incrementan as Axudas 6 que se acadan por puntuación, cun mínimo de 300 euros ata un máximo de 1.500 euros, pasando das 61 en 2018 (37.290 euros) ás 104 en 2019 (72.300 euros).

Mais de catrocentos
A Comunidade galega conta a día de hoxe con 435 persoas deportistas recoñecidas como de alto nivel (174 mulleres e 261 homes), dos cales 11 (3 mulleres e 8 homes) son deportistas con discapacidade.

Co obxecto de mellorar a axilidade do procedemento e simplificar os trámites, nesta convocatoria presentáronse dúas novidades: presentar a solicitude telemáticamente e non era necesario presentares o Anexo 2-Certificado da Federación.

Paralelamente a actividade ordinaria da Fundación Deporte Galego, a Secretaría Xeral para o Deporte segue traballando no novo decreto que verá a luz nos vindeiros meses e ten como obxectivo a regulación do deporte de alto nivel de Galicia, de xeito que os deportistas, adestradores e árbitros galegos que adquiran este recoñecemento se vexan beneficiados por novas vantaxes no eido educativo, laboral ou económico, entre outros.     

Ademais, nese decreto desenvolverase a Oficina de Atención ao Deportista, que será a encargada de prestar os servizos de información, orientación e acompañamento nos trámites.

A Xunta aporta 403.800 euros aos deportistas de Alto Nivel

Te puede interesar