Convenios para a integración social a través do deporte
lll
17º-23º

Convenios para a integración social a través do deporte

Convenios para a integración social a través do deporte
Deporte Campeón-2018-10-30-023-c12f3f26

Usuario

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, en calidade de presidente da fundación, asinou onte os convenios coas 27 entidades deportivas adxudicatarias, que ofrecerán, segundo apuntou o rexedor, “un crisol de oportunidades de integración e integración para a cidadanía”. 

“Deporte Solidario e Inclusivo trata de profundar nese obxectivo común, que todas e todos compartimos, de facer unha cidade máis xusta, realmente plural, que respecte e coide das diversidades, pero que tamén facilite a inclusión de colectivos vulnerables”, sinalou Ferreiro.

As iniciativas seleccionadas no programa, que conta coa colaboración de Gadisa, abranguerán distintos ámbitos de actuación, como son a educación en valores e o fomento de hábitos saudables, así como da sensibilización ambiental e igualdade de xénero; a participación de persoas con diversidade funcional así como en situación de vulnerabilidade social, exclusión ou pobreza; ademais de propostas innovadoras dirixidas a menores en recuperación dun tratamento oncolóxico, ou a persoas privadas de liberdade que se atopan no centro penitenciario de Teixeiro.

“Falamos dun programa que dá a posibilidade, a milleiros de veciñas veciñas, de mellorar moitos aspectos da súa vida cotiá a través do deporte”, advertiu o alcalde, quen lembrou que, desde a súa posta en marcha no 2013, o Concello da Coruña investiu 1.250.000 euros neste programa. 

Os proxectos, que se poderán desenvolver até o 15 de agosto de 2019, ofrecerán tamén “unha ampla representación da diversidade de deportes que se poden practicar na cidade”, dixo o alcalde.

Convenios para a integración social a través do deporte

Te puede interesar