Simón: “Estivo máis da nosa parte do que podía esperar”
lll
17º-23º

Simón: “Estivo máis da nosa parte do que podía esperar”

Simón: “Estivo máis da nosa parte do que podía esperar”
Simón Lamas (29 anos), adestrador do Racing Villalbés, encara a súa terceira temporada ao fronte do primeiro equipo na Terceira División | daniel alexandre

Usuario

O adestrador do Racing Villalbés saiu con sensacións contrariadas do partido do pasado domingo na Madalena contra o Bergantiños. O equipo de Simón Lamas fixo un gran encontro pero perdeu por 0-2 ante un candidato ao ascenso.


1 Orgulloso polo nivel do seu equipo

Simón comezou explicadno que “debemos ver o que fixemos ben e tamén analizar os erros que cometemos, que non son habituais en nós e que non necesitan corrección pero que neste partido decantaron a balanza. En moitos tramos do partido superamos ao rival, xeramos máis ocasións e fomos superiores. Sabíamos que teríamos un equipo en fronte que nos crearía problemas de calquera erro noso e fíxolles falta pouco para conseguilo. A forma de competir e de levar o plan de partido a cabo do meu equipo tennos que reforzar de cara ao tramo final de tempada para intentar estar o máis arriba posible”.


2 Cara a cara ante o candidato ao ascenso

O técnico vilalbés continuou dicindo que “non vin paradas de Rumbo. Tiveron un balón ao longueiro nunha falta que se envenenou e pouco máis excepto os goles. Temos que facerlle ver ao grupo que fixemos moitas cousas ben e que o camiño, sen débida, é este. Estamos a un gran nivel colectivo e individual para competir con este tipo de rivais”.


3 As ocasións claras do primeiro período

Simón subliña que “na primeira parte, o Bergantiños tivo máis balón desde o minuto 15 ao 35, con continuidade pero sen demasiada profundidade. Tanto no tramo inicial como no final da primeira metade xestionamos moi ben a pelota, soubemos transitar e incluso manexamos os inicios para xerar situacións claras para os nosos xogadores. Con balón tamén estivemos moi ben en situacións de reinicios para xerar espacios para a xente de arriba e cando roubábamos saíamos con moito perigo. Hai unha xogada de posible penalti e tres ocasións, sobre todo dúas, moi claras de pases atrás e finalizacións dentro de área que seguramente o rival as convertiría en gol. Nós non fomos capaces a pesares de que esta temporada, normalmente, si o estamos a conseguir”, destaca o preparador técnico do Villalbés.


4 Erros individuais que custaron moi caros

Simón recoñece a pegada do seu último rival. “Na Terceira División, e máis ante un equipo como o Bergantiños, que ten capacidade para correr e para facer moitos tipos de fútbol, sabíamos que, como se adiantaran, con xogadores como Duque, Lamelas ou Yelco, ían transitarnos. Aínda así, o partido déixame a sensación de que cometemos moi poucos erros e de que nos penalizaron demasiado. Por fútbol e por xogo foi un dos nosos mellores partidos da liga, incluso un dos mellores partidos desde que son adestrador do primeiro equipo do Villalbés. Os moi poucos erros que cometemos, penalizáronnos moito”.


5 Goles en bandexa para o Bergantiños

Dun despexe de Brais Pereiro naceu o 0-1 e dun erro de Vérez o 0-2. “Non lle podemos reprochar nada a ningún xogador. Algunha vez díxose que eramos un equipo previsible e que, cando os rivais nos permitían iniciar con balón, non tiñamos capacidade. Se nesta tempada queremos mellorar e dar ese paso cara adiante, temos que asumir algún risco máis, algo que nos beneficiou e nos permitiu ter continuidade no xogo desgastando aos rivais en partidos como o do Silva, o do Polvorín ou o do Arzúa na casa. Sandá pode canalizar ese xogo ofensivo e facer xogar ao equipo desa forma. Non estou disgustado cos xogadores porque asumen os riscos que eu lles pido”.


6 Ocasións moi claras e ningunha foi gol

O Villalbés pisou máis área que o Bergantiños o pasado domingo. “Xeramos máis e con máis perigo. O acerto estámolo a ter durante toda a tempada e non podemos queixarnos diso porque estamos demostrando moita efectividade en ataque. A baixa de Santi, que só puido xogar 15 minutos, e a de Ángel, que fai un gran traballo entre liñas, limitáronnos. Xogou un xuvenil que o fixo moi ben e que completou un partidazo, pero hai diferencia. Temos que intentar minimizar os erros e reforzar todo o bo que fixemos porque foi moito”.


7 ¿Sorprendido pola proposta do Bergan?

Simón manifestou que “a duda que tiñamos era se xogaría Marcos de central e Agulló de mediocentro ou Agulló de mediocentro e Abel de central. Optaron por Abel, que é un xogador máis posicional, seguramente buscando que nós non lles transitáramos con perigo. Foi unha decisión acertada pola súa parte porque ter un xogador como Abel dando equilibro en todo momento e pendiente das posicións dos meus xogadores entre liñas, limitounos. En fases do partido conseguimos transitarlles moi ben igualmente e xerar moitas situacións. O partido foi máis da nosa parte do que me podía esperar antes de empezar sendo o máis optimista posible”.


8 Un equipo capacitado para asumir riscos

“Os goles que nos fixo o Bergantiños xurxen de accións ofensivas nosas: primeiro un despexe nun balón longo e despois nunha perda na saída. Cometemos moi poucos erros, manexamos ben todas as situacións pero, cando esixes aos teus centrais xogar coa liña adiantada ou iniciar o xogo desde atrás, hai riscos. Nós asumímolo porque cremos que temos equipo para asumilo. Xogounos unha mala pasada pero este modelo de xogo que estamos tratando de levar a cabo está a facernos mellor equipo esta tempada”, apunta Simón.


9 A primeira mensaxe aos seus futbolistas

Por último, o adestrador do Villalbés recoñece que “gústame falar co equipo sempre que se perde e a miña primeira mensaxe foi que os dous primeiros días estaremos disgustados, pero que o mércores veríamos moitas máis cousas positivas que negativas que nos farán pelexar ata o final polos tres primeiros postos”. 

Simón: “Estivo máis da nosa parte do que podía esperar”

Te puede interesar