As Escolas Municipais abrirán as súas portas en outubro
lll
17º-23º

As Escolas Municipais abrirán as súas portas en outubro

As Escolas Municipais abrirán as súas portas en outubro
Colas para inscribirse nas actividades organizadas polo Concello | quintana

Usuario

A Concellería de Deportes anuncia que as Escolas Municipais recuperarán a súa actividade, como é habitual, no mes de outubro para iniciar o curso 2020-2021, respectando as medidas sanitarias que estean vixentes nese momento e cos protocolos que esta concellería está desenvolvendo logo de publicarse no BOE o correspondente decreto. 

Segundo o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, vertéronse informacións por parte dalgúns grupos da oposición que non responden á realidade e que teñen “un indubidable obxectivo electoral que, curiosamente, veñen de partidos con responsabilidades de goberno no Concello, que deixaron sen resolver os asuntos que agora tanto lles preocupan”. 

Estas escolas cesaron a súa actividade cara ao público por mor das medidas derivadas do Decreto de emerxencia pola crise da Covid-19. Sen embargo, as traballadoras e traballadores das escolas, que pertencen á empresa Amartya, seguiron cas súas funcións en programas en liña que tiveron moito éxito, como o ‘En liña. Actívate na Casa’ cuia páxina web recibiu máis de 150.000 visitas.

Canto á continuidade cadro de persoal destes centros municipais, a Concellería de Deportes está elaborando os pregos que rexerán a licitación do contrato de prestación deste servizo. 

Juan Ignacio Borrego sinala que “A subrogación dos traballadores e traballadoras nunhas circunstancias como as actuais non só é un dereito laboral, senón tamén un compromiso deste Goberno municipal que comparte, defende e promove o exercicio deste dereito”. 

O edil de Deportes asegura que “as Escolas Deportivas Municipais nunca estiveron pechadas” xa que “cando se decretou o estado de alarma cesaron as actividades, pero o cadro de persoal seguiu ocupándose do seu mantemento e atendendo as súas obrigas”. 

Así mesmo, asegura Borrego, “as actividades deportivas promovidas por clubs e federacións vanse poñendo en marcha segundo se van recibindo as solicitudes e previa comprobación de que se están a cumprir os protocolos derivados da Covid-19”. 

Canto ao programa Coruña en Forma, o titular de Deportes asegura que “se descartou a finais de marzo debido a que os protocolos de seguridad non permitían o seu desenvolvemento” e que se trata dunha iniciativa desenvolta por varias empresas de servizos deportivos. Ademais, agarda que o vindeiro verán “as circunstancias sanitarias permitan volver poñer en marcha Coruña en Forma”.

As Escolas Municipais abrirán as súas portas en outubro

Te puede interesar