Patricia Cordo: “Non somos nin afección nin equipo de Segunda B, pelexaremos ata o fin”
lll
17º-23º

Patricia Cordo: “Non somos nin afección nin equipo de Segunda B, pelexaremos ata o fin”

Patricia Cordo: “Non somos nin afección nin equipo de Segunda B, pelexaremos ata o fin”

Usuario

Incondicional deportivista desde nena, Patricia Cordo encabeza a peña deportivista ‘Faluya’, tomando a testemuña dun seareiro inesquecible como Carlos Cela.

Desde finais de 2019 asumiu o cargo de vocal na Federación de Peñas, volcando toda a súa ilusión e animosidade en axudar ao deportivismo.

Moderadamente optimista con que o Depor poida xogar o ano vindeiro en Segunda División, carga as tintas contra un ente como a LFP e o seu presidente Javier Tebas, que se están a amosar completamente parciais e intolerantes coa escuadra coruñesa nun final de Liga completamente abrupto.

Canto tempo levas á fronte da peña Faluya?

Desde o falecemento de Carlos Cela, a alma mater da peña, e desde entón tocoume tirar a min un pouco do carro, hai algo máis de un ano.

Como respira a peña en tempos de Covid-19?

O que acontece na nosa agrupación é que desde que faleceu Carlos, que era o dono da nosa sede, o noso punto de encontro está pechado. Houbo un montón de problemas que non veñen a conto e non puido reabrir. A peña está bastante desaparecida e inerte porque o que nos unía a todos era o Faluya. Esperemos que en breve poida estar de novo. Desde abril de 2019 estamos así.

Hai perspectivas de reapertura en breve?

Esperemos que si, está difícil.

Cantos seareiros deportivistas sodes na actualidade?

Sobre cincuenta.

Como e cando comezaches a seguir ao Depor?

Desde pequena, comecei a ir ao campo de xeito asiduo desde os 14 anos. Teño 34 anos e xa vin os mellores anos do clube, co ‘Superdepor’ e todo.

O ano pasado pasaches a integrar a directiva da Federación de Peñas do Deportivo?

Básicamente houbo unhas dimisións de antigos membros e chamoume Luis Martínez, o presidente. Na medida do posible sempre estamos dispostos a axudar e a aportar o noso graniño de area. Aí estamos para o que se precise.

Como estás vendo a actualidade do clube nun momento tan delicado?

Como todos os deportivistas, con indignación e á expectativa, a ver que pasa. Non somos nin unha afección nin un equipo de Segunda B. Nin de Segunda. Estamos indignados coa situación, ansiosos por ver como se resolve. Esperemos manternos en Segunda e, sobre todo, eliminar tamén a lacra do fútbol que agora mesmo é a Liga de Tebas.

Fernando Vázquez, xunto con Álex Bergantiños, é a alma do noso equipo

Sínteste moderadamente optimista?

Si, un pouquiño si. Realmente confío en que nos quedemos en Segunda pero vendo o esperpento de Tebas e o Fuenlabrada cada vez a esperanza vaise minando un pouco máis. Pero o optimistmo debe ser o último en perderse, pelexaremos ata o final.

Que pensas da responsabilidade de Javier Tebas e do Fuenlabrada nun final de campeonato de pesadelo?

Pois é inadmisible totalmente o de ambos, houbo un conflicto de intereses familiares dentro do monopolio da Liga. Son unha lacra total a exterminar do mundo do fútbol.

Sintes que o deportivismo perdeu forza na súa carraxe respecto aos primeiros días?

Non, seguimos igual. Viuse o día que fixemos a manifestación en coches, sacamos a toda á masa social da cidade á rúa. Temos unha raiba absoluta pola inxustiza que se nos fixo e temos esperanza de que a solución sexa beneficiosa.

Agradecestes a presencia de Vázquez nesa mobilización?

Si, por suposto. Fernando Vázquez nestes momentos, xunto con Álex, é a alma do noso equipo a nivel social.

Que vos transmite o presidente Fernando Vidal?

Estamos tendo comunicación a directiva da Federación coa do clube. Personalmente véxoo con algo máis de sangue nas veas que ao principio, cando facía gala de máis pasividade. Está claro que cando eres presidente tes que ir con cautela e na liña que marque a asesoría xurídica do clube. Nas últimas declaración estamos a ver algo máis de sangue.

Cursastes xa unha demanda contra a LFP?

Si, imos a personarnos como acusación particular xunto co clube e co Concello de A Coruña, estamos estudando o tema e xestionando a nivel xurídico.

Onte foi sobreseida a querella da Liga —detención incluida— contra Álex Bergantiños...

É unha boa noticia para o Deportivo, está claro; agora estamos a esperar que prospere precisamente a denuncia de Álex Bergantiños polo que fixeron. É incrible que veñan a por un futbolista por un audio personal no que non di nada. Que prospere a de Álex.

Patricia Cordo: “Non somos nin afección nin equipo de Segunda B, pelexaremos ata o fin”

Te puede interesar