O Olympo está nas Pontes
lll
17º-23º

O Olympo está nas Pontes

O Olympo está nas Pontes
23 octubre 2018 Atletismo Fografía del club de atletismo Olympo fundado por Xosé Antón Pacheco e Jorge Pendabad

Usuario

Miguel Vilaboy é a referencia e “alma mater” do club na actualidade e é o quen nos conta a realidade do club no día a día. “Después de la creación del club y posteriormente, gracias á creación das Escolas deportivas Municipais, asignouselle ao Olympo a Xestión da mesma, o que facía posible que o Club saíra adiante, coa axuda do Concello de As Pontes. Naquel entonces, tiña a Francisco Xosé Ramírez, como Principal Xestor e Adestrador, organizándose diversas probas populares, para continuar coa promoción do atletismo pontés, ademais de levar os adestramentos da Escola Municipal de Atletismo. 

Dende a fundación do Club, ata a actualidade, houbo moitos cambios na directiva para ir adaptándose ás circunstancias Atléticas de cada momento.

Sendo aló polo 2.011, foi cando se retomou á actividade e se tentou reflotar o Club, xa que por aquel entonces, e por diversas circunstancias só se estaba a organizar a Carreira Popular de San Xosé, a actividade diaria da Escola Municipal de Atletismo, e creíamos que a participación estaba sendo moi baixa en relación ao potencial que tiña e podía ofrecer o noso pobo. 

Gracias, por outro lado, ao “Boom” das Carreiras Populares, enseguida foron arrimando o hombro, para colaborar, os atletas ponteses que sempre estiveron ahí, os que estiveron dende a creación do Club, e moitos compañeiros/as que se subiron ao carro con moita forza para empuxar un Club, cada vez mais grande, facendo así o relevo na directiva do Club, que pasaría a ser a Directiva Actual. 

Coa ilusión dos que nos vemos inmersos nun novo proxecto, pasamos moitas horas actualizando papeis e organizando unha nova xestión. Mil e unha ideas para levar a cabo, pero pouco tempo, medios e experiencia pola nosa parte. Co apoio incondicional do Concello de As Pontes, e dos seus Concellais de Deportes, tanto Carlos Castro, como Chicho Tembrás -o actual concelleiro-, fumos poñendo os cimentos desta nova etapa do Club Atletismo Olympo, centrada principalmente na Escola Deportiva Municipal, e tamén no atletismo popular, na parte de Trail, e por suposto, facendo especial mención ás mulleres pontesas, que eran un colectivo moi pouco presente no Club, e queríamos achegar o noso deporte a todo o mundo, sen limitacións de idade, sexo ou condición física; podendo decir orugullosos, que o logramos, sen descuidar o atletismo federado tamén nos adultos. 

Actualmente o club conta con arredor de 200 socios. Podendo decir que se sustenta en tres pilares fundamentais, sendo de estos tres o primeiro a escola Deportiva e atletismo federado, segundo, e non menos importante, o atletismo popular e as carreiras de montaña mentras que o tercer pilar sería a organización de eventos .

Dende a Directiva, queremos potenciar o atletismo base, xa que entendemos que serán eles os que dentro duns anos, leven a batuta do club e promovan os valores do atletismo pontés. Actualmente contamos con 40 fichas en atletas menores de 18 anos, xa que comezamos hai pouco tempo a nova tempada, e ainda se están a producir novas altas, tendo na tempada pasada un total de 55 fichas federadas. 

Miguel Vilaboy desgrana o traballo día a día na escola “O que soemos facer cos rapaces da escola, é crear unha base física e social, que xire entorno ao noso deporte, o mundo das distintas probas coas que contamos dentro dos sectores das carreiras, saltos e lanzamentos, das técnicas de cada disciplina, dos comportamentos que vemos no día a día nunha pista de Atletismo. Tendo como principal obxetivo, crear unha boa base deportiva, xa sexa para que os nenos podan escoller un futuro no atletismo ou en calquer deporte, e sobre todo inculcar o deporte e os valores deste, na vida do xoven atleta, xa que sabemos que se o logramos entre todos, mentras son pequenos, serán parte deles o resto da súa vida. 

Para lograr estes obxetivos organizamos distintos adestramentos semanais, adaptados ás idades e características dos rapaces asistentes á Escola Deportiva, e asistindo ás diferentes competicións que se organizan na xeografía galega. Actualmente desprazamonos ás probas de campo a través, competicións en pista cuberta e competicións ao aire libre, tanto en probas organizadas pola FGA, como no programa Xogade, organizado pola Xunta de Galicia. 

Actualmente, a nosa Atleta Laura Vispalia, é a Campiona Provincial de Probas Combinadas e a Campiona Galega de Salto de Altura en Categoría Alevín Feminina. E entre os rapaces tamén destacaron, Destaw Pellón, en Categoria Alevín Masculino, cun 4º posto na distancia dos 500 m do Campionato Galego en Pista ao Aire libre, e Xoel Trastoy, na difícil distancia dos 100 m, que se clasificou para a final do Campionato Galego Xuvenil ao Aire Libre. 

A nosa Escola Municipal de Atletismo está aberta a todo aquel neno, que desexe practicar o atletismo, dende os 6 anos, tanto pertenezca ao Concello de As Pontes, como non”.

O Olympo está nas Pontes

Te puede interesar