A reactivación, o obxectivo
lll
17º-23º

A reactivación, o obxectivo

A reactivación, o obxectivo
As videoconferencias serviron á Secretaría Xeral para o Deporte para estar “conectado” coa realidade das federacións galegas e estudar posibles vías de solución ao problema | aec

Usuario

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de rematar as reunións levadas a cabo coas 58 federacións deportivas galegas nas que se estudaron as diferentes medidas a tomar para minimizar os prexuízos da declaración do estado de alarma por mor do coronavirus.

Neste sentido analizáronse as diferentes solucións para paliar os efectos negativos na súa situación deportiva e financeira e concretáronse as medidas a levar a cabo no marco do Plan de Reactivación do Deporte galego. Neste sentido, a Xunta de Galicia traballa coas federacións, organizadas en grupos de traballo por modalidades deportivas, dende o pasado 15 de maio cando o secretario xeral, José Ramón Lete Lasa, presentoulles á ferramenta de identificación de situacións deportivas de contaxio do Covid-19 no deporte galego. FIisicovid-19 Dxtgalego é instrumento responde a un primeiro esquema realizado tras unha diagnose exhaustiva e de forma individualizada con cada unha das preto de 300 especialidades deportivas que se practican en Galicia.

O pasado 17 de abril de 2020, a Secretaría Xeral para o Deporte inaugurou esta quenda de encontros virtuais coa Federación Galega de Atletismo. 48 días despois, a Xunta de Galicia clausura esta primeira rolda de encontros cos seus socios principais no eido deportivo para poder comezar a aplicar canto antes as condicións da volta a actividade de xeito seguro.

A postura esgrimida polo Goberno galego en todas estas xuntanzas mantívose invariable, insistindo en que “a actividade non poderá reiniciarse ata que existan garantías absolutas de seguridade e hixiene e non se poidan producir contaxios”. Do mesmo xeito, estas xuntanzas tamén serviron para anunciar ás federacións deportivas as distintas medidas levadas a cabo pola Xunta de Galicia no sector deportivo como o mantemento do pago dos convenios de colaboración que xa están sufragados ao 83% e todas as federacións deportivas percibiron algún pago -36 delas recibiron o importe íntegro-, grazas á tramitación destes acordos de xeito anticipado.

Federación de Esgrima

A Secretaría Xeral para o Deporte avanzou co presidente da federación, José Manuel Regueiro, na elaboración dun protocolo a través da ferramenta FIisicovid-19 Dxtgalego, fundamental para retomar a actividade, supeditada á decisión da federación nacional que aínda non aprobou o calendario. Trabállase co obxectivo de recuperar os Campionato de España, as últimas xornadas de liga e, a nivel autonómico.

Federación de Béisbol e Sófbol

A Secretaría Xeral e o presidente da entidade, Carlos García, analizaron a posibilidade de reactivar a competición coas adaptacións necesarias -tocar a pelota, desinfección...-. Na comisión delegada de xullo tomarase a decisión con respecto ao calendario, formulando u posible cambio de formato de competición. A mediados de xuño estúdase retomar os adestramentos, retomando a competición en agosto.

Federación de Aeronáutica

No tocante á competición atópanse á espera da decisión da federación estatal que ten cancelado o calendario nacional e internacional. A nivel autonómico, o presidente Víctor Maiztegui, formula a posibilidade de retomar os campionatos de xullo a decembro. Do mesmo xeito que moitas outras federacións, amosan o seu interese na proposta de formación do bloque común do Nivel I de técnicos que vai desenvolver a Escola Galega do Deporte.

Federación de Boxeo

O presidente da federación, Manuel Planas, está tratando de reorientar a actividade cara á tecnificación e formación, coa vista nos campionatos de España posto que os internacionais están cancelados. Prevese retomar a competición autonómica en setembro. Abórdanse as posibilidades formativas da Escola Galega do Deporte e trabállase no protocolo de volta á actividade.

Federación de Hóckey patines

O presidente, Alberto Estévez, informou de que a tempada actual deuse por cancelada, aínda que a maior parte estaba realizada. A volta á actividade se formula xa para a tempada 2020/2021 e no mes de outubro estudando posibles formatos de competición para adaptarse á nova situación. l

A reactivación, o obxectivo

Te puede interesar