Óscar Gilsanz: “Sempre é bo que haxa internacionais”
lll
17º-23º

Óscar Gilsanz: “Sempre é bo que haxa internacionais”

Óscar Gilsanz: “Sempre é bo que haxa internacionais”
Óscar Gilsanz, en una imagen de archivo | AEC

Usuario

Óscar Gilsanz, adestrador do Deportivo Fabril, atendeu na mañá de onte aos medios de comunicación en Abegondo. O seu equipo xogará mañá fronte ao Langreo (Nuevo Ganzábal, 18.00 horas).

 

1. Queda atrás a derrota ante o Valladolid B

“O equipo está ben, está traballando coma sempre, con ganas de que chegue o seguinte partido. Ten unha estabilidade emocional moi boa, e nese sentido non temos ninguna novidade” resumiu Gilsanz sobre como afrontaron a semana tras a última derrota.


De cara ao partido de mañá, explicou: “Enfrontámosnos a un rival dos importantes da categoría, que se reforzou moi ben este ano e que mantén un grupo de xogadores de varios anos no Langreo. Adáptanse ben a varias situacións de partido, son capaces de variar a súa estructura á hora de presionar, poden combinar, xogar aos espacios, etc. Son un equipo ben traballado, moi completo. Levan unha traxectoria moi boa como locais e nós iremos a intentar gañar tres puntos e a ter as sensacións boas que o equipo está tendo de maneira habitual”.

 

2. A experiencia do primeiro equipo

O primeiro equipo visitou hai uns días o Nuevo Ganzábal, para xogar a Copa do Rei. “Preguntamos como estaba o céspede. Sabemos que sendo artificial pode estar máis ou menos alto, máis ou menos castigado polo paso do tempo. Hai que ter unha adaptación rápida, sobre todo a nivel mental, como sempre que imos a un campo de herba sintética”, recoñeceu Gilsanz.

 

3. O traballo do equipo e as baixas

"Posiblemente sexa o ano no que o traballo dos xogadores é máis importante”, expresou o preparador betanceiro, agradecendo o esforzo dos seus xogadores. En canto ás baixas para a visita a Asturias, confirmou as de Diego, Quique e Puerto, e deixou no aire a presenza de Pereira. “Logo dependemos dos que vaian convocados co primeiro equipo (xogan ese mesmo día)”, engadiu.


4. A outra baixa é por unha boa noticia

A selección española sub-19 está disputando a fase de clasificación para o europeo da categoría. Nesa concentración está o fabrilista Kevin Sánchez, que incluso foi quen de marcar un gol ante Moldavia.
“Sempre que hai internacionais no clube creo que é unha boa noticia. É moi importante que os xogadores estén nese paso, unha experiencia brutal cada convocatoria que van, cada partido que xogan”, opinou Gilsanz sobre este tema.

 

5. A alternancia na portería

Unha vez máis, Óscar Gilsanz valorou o nivel dos dous porteiros cos que conta, Brais Suárez e Hugo Ríos. “Gustaríame que ningún dos dous estivese sen xogar, pero iso é imposible”, resumiu. Unhas palabras que sí reflexan a súa intención de que ambos conten con minutos durante a tempada.


“Intento ser técnico de desenrolar aos futbolistas. Trataremos de aproveitar aos dous e que leven o camiño que están seguindo ata agora. A competencia entre eles é moi boa e eso fai que vaian mellorando. Tratar tamén de non molestar moito como entrenador, non tomar decisións que eviten o bo desenrolo dos futbolistas”, engadiu.

Óscar Gilsanz: “Sempre é bo que haxa internacionais”

Te puede interesar